Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Deseño, desenvolvemento e avaliación do currículo
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Deseño, desenvolvemento e avaliación do currículo Código 652G01002
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Mendez Garcia, Rosa Maria
Correo electrónico
rosa.mendez@udc.es
Profesorado
Mendez Garcia, Rosa Maria
Correo electrónico
rosa.mendez@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle/
Descrición xeral Esta materia pretende o desenvolvemento de capacidades que permitan ao alumnado configurar un marco integrador e interrelacional da súa práctica no ámbito do sistema educativo, a través da adquisición do coñecemento epistemolóxico da pedagoxía e a didáctica que sustenta a intervención educativa, así como do desenvolvemento de prácticas baseadas na utilización dos recursos didácticos para construír unha intervención informada e comprometida coa optimización do acceso á aprendizaxe en favor da inclusión da diversidade que caracteriza o contexto educativo. Os principais temas e núcleos de coñecemento que se abordarán están orientados ao estudo e análise da escola, da cultura e da sociedade; do deseño e concreción do proceso de ensino e aprendizaxe; da análise da acción no ensino como unha estrutura de traballo para profesorado e estudantes e da avaliación no proceso de ensino e aprendizaxe.
Plan de continxencia IMPORTANTE: Aínda que esta materia se deseña no marco do modelo híbrido, de acordo co MODELO DOCENTE DA FACULTADE DE CC DA EDUCACIÓN PARA O CURSO 20/21 POR MOR DA COVID-19 (Aprobado pola Xunta de Facultade o 13 de xullo de 2020), se o número de matrícula na mesma se reduce, como ven sendo habitual, e dita matrícula non excede da capacidade recomendada nas aulas, será impartida na súa totalidade de forma presencial. Na modalidade híbrida, a docencia que se imparta de maneira non presencial seguirá os criterios que se indican no Plan de continxencia que se exppón a continuación. . Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios nos contidos da materia. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Lecturas - Atención personalizada - Sesión maxistral - Traballos tutelados (computa na avaliación) *Metodoloxías docentes que se modifican - Proba obxectiva Non se realizará e no seu lugar levarase a cabo unha “Proba de solución de problemas” que para o alumnado que cumpra cos criterios de asistencia da docencia presencial impartida ata o momento, será de carácter grupal. Para o alumnado non asistente, a devandita proba será de carácter individual. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico. Diariamente para a resolución de dúbidas puntuais e, no caso de que o volume de correos así o requira, as consultas serán arquivadas e respondidas no horario de titorías establecido pola profesora. - Moodle. Repositorio de documentos de lectura obrigatoria, así como das presentacións das cláses expositivas que foron gravadas de forma síncrona ou asíncrona. Publicación das indicacións e materiais necesarios para a realización dos traballos tutelados. Publicación de indicacións para a realización do Portafolios do alumnado e a proba de Resolución de problemas. Publicación de cualificacións finais provisionais e definitivas. Poderán existir “Foros de actividade específica” ou “ Foros temáticos asociados aos módulos” no caso de ser preciso. - - Microsoft Teams. A profesora estará dispoñible a través de Teams nos horarios oficialmente destinados á materia, tanto para a realización de actividades docentes como de titorías. Tamén se desenvolverán sesións de titoría de acordo aos horarios oficiais e opcionalmente a petición do alumnado en función das súas posibilidades de conectividade, así como sesións de revisión de traballos e cualificacións finais. 4. Modificacións na avaliación As metodoloxías que se terán en conta para a configuración da nota final serán: Traballos tutelados (50%): Mantense esta metodoloxía nas mesmas condicións que se establecen na guía docente da materia. Solución de problemas (50%): Para o alumnado que cumpre cos criterios de asistencia ás actividades presenciais realizadas ata o momento, a proba será de carácter grupal. No caso do alumnado que non cumpra con dita asistencia, a proba será de carácter individual. Na mañá da data oficial fixada para a realización do exame da materia publicaranse na Moodle as características dun caso a analizar con base nunha serie de preguntas orientativas. A análise do caso implicará dar un tratamento global aos contidos abordados na materia. O alumnado disporá até o final dese día para resolver individualmente o problema e entregalo pola Moodle a través dunha tarefa que se abrirá para este fin. O documento debe ser realizado con letra de imprenta e poderá entregarse tanto nun formato de arquivo de texto (.doc, ,docx, rtf, etc.) ou en .pdf. No caso de que o alumnado non teña as condicións necesarias para cumprir co requisito anterior, deberá comunicalo ás docentes o antes posible para poder realizar os axustes oportunos. *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente cos seguintes matices: - O cómputo da asistencia, só se realizará respecto das sesións que houbo presenciais ata o momento no que se suspendeu a actividade presencial. - O alumnado que non cumpra con dito criterio de asistencia, así como o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, que faga uso de dita dispensa, será avaliado mediante a realización dos traballos tutelados acordados previamente coa docente que computarán un 50% da cualificación final, e mediante a realización individual da proba de solución de problemas que computará o 50% restante. Na segunda oportunidade de avaliación a proba de solución de problemas será de carácter individual para todo o alumnado que teña que facer uso dela e computará un 50% da cualificación final. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Todos os documentos de uso obrigatorio da materia estarán dixitalizados en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes