Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Deseño, desenvolvemento e avaliación do currículo
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Na actividade de sesión maxistral traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.

Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.
Lecturas O alumnado dispoñerá dun dosier de lecturas que será a base de referencia sobre o tratamento dos contidos que se abordarán en torno aos diferentes núcleos temáticos da materia. A lectura do mesmo será de carácter obrigatorio, e recoméndase que os documentos se lean previamente ao tratamento de cada un dos temas na aula.

Traballos tutelados En torno aos diferentes temas proporase a realizaciónde, como mínimo, tres traballos de grupo que se iniciarán na aula e que logo deberán ser completados mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo as indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada da profesora aos diferentes grupos. Así mesmo, poderá requerirse da realización dalgún traballo tutelado de carácter individual. Para a realización destes traballos tomaranse como referencia tanto os materiais básicos da materia, como outros complementarios. A través da exposición na aula, cada grupo compartirá os traballos realizados cos demais grupos e, finalmente, incorporaranse como anexos ao portafolios do alumnado.
Proba obxectiva A proba obxectiva constituirá unha actividade final da materia con carácter avaliativo a través da que o alumnado deberá dar resposta a corenta cuestións sobre o contido da materia, identificando a alternativa de resposta máis acertada entre tres opcións propostas. Para superar a proba será importante ser capaz de relacionar os contidos da materia facendo un tratamento global e integrado dos coñecementos adquiridos, en torno ás diferentes dinámicas de traballo ao longo da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes