Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Deseño, desenvolvemento e avaliación do currículo
   Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
1. As dúbidas e demandas de orientación que xurdan das sesións expositivas, análise de fontes documentais, actividades, lecturas, realización do portafolios e preparación da proba de examen, serán atendidas pola profesora da materia durante o horario de titorias fixado de forma oficial.

2. De maneira máis específica, e no marco das sesións interactivas, a profesora ofrecerá atención personalizada mediante a que levará o seguimento e orientación dos traballos tutelados que se realicen ao longo do cuadrimestre. Como estes traballos se realizarán en grupo, é recomendable que cada grupo realice unha titoría fóra do horario de docencia presencial da materia, que permita traballar sobre o funcionamento do propio grupo.

3. Esta proposta de atención personalizada é extensible ao alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, que faga uso de dita dispensa.

4. As titorías individuais poderán ser tanto virtuais como presenciais, mantendo, neste caso, as debidas medidas de seguridade. As titorías grupais serán virtuais a través de M. TEAMS.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes