Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Deseño, desenvolvemento e avaliación do currículo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A21 A26 A30 B1 B5 B6 B14 B15 B24 C4 Os traballos tutelados realizados polos diferentes grupos de alumnos/as serán avaliados a partir dos seguintes criterios:
-A profundidade do contido.
-O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
-A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
-A presentación e a claridade da exposición.
Trátase dun traballo fundamentalmente grupal, pero na parte da exposición oral pode facerse unha avaliación máis individualizada a través das preguntas que se realicen a cada membro do grupo. De ser o caso, esta avaliación individualizada non representará nunca máis dun 10% da cualificación que lle corresponde a esta metodoloxía de avaliación.
40
Proba mixta A1 A4 A13 A20 A26 A28 B3 B6 B10 B11 B14 B15 B22 C7 C8 A proba mixta, de carácter individual, consistirá no desenvolvemento de varias cuestións e/ou casos obxecto de análise.

As preguntas que se formulen aludirán tanto aos contidos teóricos da materia coma aos contidos prácticucos, e pódense expresar en forma de pregunta corta, tipo test ou desenvolvemento e/ou análise dun caso practico.
60
 
Observacións avaliación

Según a participación do alumnado na materia a avaliación contempla dúas opción:
a)Opción A. Ao alumnado que asiste/participa nas actividades de clase (maior ou igual ao 85% das sesións presenciais), corresponderalle a modalidade de avaliación arriba exposta
b)Opción B. O alumnado que non asiste/participa, por razóns debidamente acreditadas,as actividades de clase (menor ao 85% das sesións presenciais): ademais dos traballos que en cada caso particular se especifiquen, realizará a proba mixta con carácter obrigatorio o final do cuadrimestre na data sinalada oficialmente. Esta proba terá un valor do 80% do total da nota final

Os alumnos/as repetidores da materia obrigatoriamente deberán poñerse en contacto coa profesora que lles indicará, segundo os casos, a relación de traballos que terán que realizar de maneira individual. En calquera casorealiarán a proba mixta con carácter obrigatorio ao final do cuatrimestre, na data sinalada oficialmente, e que suporá o 50% da nota final (se veñen da modalidade A) e o 80% da nota final (se veñen da modalidade B). A porcentaxe restante da nota corresponderá aos traballos que en cada caso sexan asignados expresamente ao alumno/a.

Calquera circunstancia persoal que poida alteirar o seguimento da materia por parte do alumnado deberá ser comunicada de inmediato para a súa oportuna e axeitada consideración e mesmo para tomar as medidas a que houbera lugar en cada caso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes