Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Deseño, desenvolvemento e avaliación do currículo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A21 A26 A30 B1 B5 B6 B14 B15 B24 C4 Os traballos tutelados realizados polos diferentes grupos ou, de ser o caso, de carácter individual serán avaliados a partir dos seguintes criterios:
-A profundidade do contido.
-O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
-A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
-A presentación e a claridade da exposición, de ser o caso.

No caso dos traballos grupais que requiran de exposición pode facerse unha avaliación máis individualizada a través da implicación de cada membro do grupo na propia exposición así como das respostas que dea ás preguntas feitas pola profesora sobre o propio traballo. Sendo así a nota final do traballo pode diferir para cada membro do grupo.
50
Proba obxectiva A1 A4 A13 A20 A26 A28 B3 B6 B10 B11 B14 B15 B22 C7 C8 A proba obxectiva de carácter individual, estará composta por corenta preguntas sobre os sete temas que constitúen a materia. Cada pregunta presentará tres alternativas de resposta das cales haberá que elixir a correcta.
As preguntas que se formulen aludirán tanto aos contidos teóricos da materia, como aos contidos prácticos, esixindo un elevado nivel de relación entre eles.
Superar a proba implica abordar a materia desde un punto de vista global, sabendo establecer as múltiples relacións que se poden establecer entre os contidos abordados nos sete núcleos temáticos que a conforman, e que contribúen a entender a complexidade da función do/a docente en Educación Infantil en termos de deseño, desenvolvemento e avaliación do currículo.
50
 
Observacións avaliación

1. Para superar a materia é necesario obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10 en cada unha das partes obxecto de avaliación (“traballos tutelados” e "proba obxectiva"). A docente, podería rebaixar este criterio en favor da aplicación dunha avaliación normativa e de forma independiente para cada unha das partes da avaliación.

2. A non superación dunha das partes da avaliación implicará ser cualificado/a coa cualificación obtida na parte non superada, mantendo a cualificación obtida na parte superada para a segunda oportunidade de avaliación.

3. O alumnado que asista, cando menos ao 85% da docencia presencial, será avaliado seguindo o procedemento arriba exposto.

4. O alumnado que por motivos comunicados á profesora aoinicio do curso non poda acudir ás sesións presenciais ou ao finalizar as mesmas teña unha asistencia inferior ao 85%. ademais dos traballos que en cada caso particular se especifiquen, realizará un examen con carácter obrigatorio ao final do cuadrimestre na data sinalada oficialmente. Este examen terá un valor do 80% do total da nota final.

5. O criterio anterior é aplicable ao alumnado repetidor que non cumpla co 85% de asistencia, así como ao alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, que faga uso de dita dispensa.

6. Calquera circunstancia persoal que poida alterar o seguimento da materia por parte do alumnado deberá ser comunicada de inmediato para a súa oportuna e axeitada consideración e mesmo para tomar as medidas a que houbera lugar en cada caso.

7. Na 2ª oportunidade, os criterios de avaliación serán os mesmos que os propostos para a 1ª oportunidade.

8. O alumnado repetidor que teña esgotadas un mínimo de dúas convocatorias de avaliación poderá solicitar á docente unha modalidade de exame diferente á do grupo ordinario. A docente valorará persoalmente cada situación e, de acordar realizar un exame diferente ao do resto do grupo, este acordo deberá ser asinado tanto pola docente como polo alumno ou alumna afectado/a, para que a proba poida ser realizada e avaliada.

9. Nas presentacións orais ou escritas deberase atender a criterios de integridade académica (xestión adecuada de referencias bibliográficas e información de terceiras persoas); ademais procurarase o uso dunha linguaxe non discriminatoria.

10. De acordo co recollido no artigo 11 (apartado 4 b) do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, relativo ás sancións ante faltas graves, no caso de fraude académica na materia, outorgarase a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta. O/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes