Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Socioloxía da educación
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
As actividades iniciais, as lecturas, as sesións maxistrais, as presentacións orais, os traballos tutelados, as simulacións, os obradoiros, as saídas de campo preparan ó alumnado cun saber para despois saber facer e acadar ó final tamén un saber ser e estar. En todo este traballo é moi importante que saiban a importancia que ten en todo isto o traballo colaborativo entre o alumnado e o profesorado, na súa formación recíproca ó longo de toda a vida. Resulta importante que fagan unha elaboración comprensiva e comprehensiva da teoría e da práctica e que non se queden nas aprendizaxes fragmentadas que poidan acadar a través de diferentes microprocesos como poden ser a lectura, a escritura, a observación, o rexistro da información, a análise de datos, as conclusións, etc. de todas as actividades realizadas ó longo do cuatrimestre que lles permita unha competencia responsable e vital para a resolución de problemas o longo da súas traxectorias laborais. Así mesmo servirán para axudar a comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar, coñecer a dimensión pedagóxica da integración cos iguais e os adultos e saber promover a participación en actividades coletivas, o traballo cooperativo e o esforzo individual, situar a escola infantil no sitema educativo español, no contexto europeo e no internacional en distintos contextos sociohistóricos, coñecer a evolución histórica da familia, os diferentes tipos de familias, de estilos de vida e educación no contexto familiar, adquirir coñecemento sobre a evolución do pensamento, as costumes, as crenzas e os movementos sociais e políticos ao longo da historia e acadar coñecemento de outras culturas e de outras costumes. A1
A5
A6
A8
A10
A11
A12
A13
A14
A19
A21
A23
A24
A25
A26
A27
A29
A36
A37
A44
A45
A55
A57
A60
A62
A63
B1
B2
B3
B4
B10
B11
B12
B13
B15
B16
B17
B19
B20
B22
B24
B25
C1
C4
C6
C7
C8
As actividades iniciais, as lecturas, as sesións maxistrais, as presentacións orais, os traballos tutelados, as simulacións, os obradoiros, as saídas de campo preparan ó alumnado cun saber para despois saber facer e acadar ó final tamén un saber ser e estar. En todo este traballo é moi importante que saiban a importancia que ten en todo isto o traballo colaborativo entre o alumnado e o profesorado, na súa formación recíproca ó longo de toda a vida. Resulta importante que fagan unha elaboración comprensiva e comprehensiva da teoría e da práctica e que non se queden nas aprendizaxes fragmentadas que poidan acadar a través de diferentes microprocesos como poden ser a lectura, a escritura, a observación, o rexistro da información, a análise de datos, as conclusións, etc. de todas as actividades realizadas ó longo do cuatrimestre que lles permita unha competencia responsable e vital para a resolución de problemas o longo da súas traxectorias laborais. Todas estas actividades e traballos no seu conxunto axudaranlles a saber, saber facer e saber ser/estar no mantemento de lazos de comunicación coas familias para incidir eficazmente no proceso educativo, a promover e colaborar en accións dentro e fóra da escola, organizadas por familias, concellos e outras institucións con incidencia na formación cidadá, a analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxe audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalista; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable. As actividades realizadas axudaranlles a comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuir á innovación e á mellora en educación infantil, a abordar análises de campo mediante metoloxía observacional utilizando tecnoloxías da información, documentación e audiovisuais, a saber analizar os datos obtidos, comprender críticamente a realidade e elaborar un informe de conclusións así como, a valorar a importancia do taballo en equipo, coñecer a metodoloxía científica e promover o pensamento, as costumes, as crenzas e os movementos sociais e políticos ao longo da historia, coñecer a importancia da tradición oral e o folclore e das linguaxes audiovisuais e as súas implicacións educativas. Facilitarán o coñecemento e a aplicación dos procesos de interacción e comunicación na aula, así como dominar as destezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia, a participar na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando desde a práctica, e dicir, aprender a aprender, a aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo, a traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor, a traballar de forma colaborativa, con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. Tamén para actuar de maneira sustentable na defensa do medio ambiente e ter capacidade para asumir a necesidade dun desenvolvemento profesional continuo, a través de reflexión sobre a propia práctica. Asimismo, servirán para fomentar a creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas, o recoñecemento e respeto á diversidade e á multiculturalidade, practicar na utilización das TIC no ámbito de estudo e do contexto profesional e desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. Asimesmo, estarán nunha mellor disposición para valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse, asumindo como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida e a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. A1
A5
A6
A8
A10
A11
A12
A13
A14
A19
A21
A23
A24
A25
A26
A27
A29
A36
A37
A44
A45
A60
A62
A63
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B10
B11
B12
B13
B15
B16
B17
B18
B19
B20
B22
B24
B25
C1
C4
C6
C7
C8
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes