Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Socioloxía da educación
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren acadar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado.
Proba obxectiva Probas escritas utilizadas para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúen un instrumento de medida que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

As probas obxectivas poden combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se poden construir cun só tipo dalgunha destas preguntas.
Sesión maxistral Exposición oral complementada con diverso material impreso (artigos, apuntes, capítulos, noticias, etc.) deixado pola profesora no servizo de reprografía da Facultade de Ciencias da Educación e que terá que recoller o alumnado da materia de Socioloxía da Educación do Grao de Educación Infantil, para que a través do seu estudo e traballo, resumen e resolución e/ou entrega das actividades formuladas ao alumnado poida éste acadar os coñecementos da materia, apoiando deste xeito as explicacións das sesións maxistrais e facilitando as aprendizaxes.
Obradoiro Aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc.) a través do que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente teorico-prácticas sobre temas específicos, co apoio e supervisión do profesorado.
Saídas de campo Obtención de datos a través da aplicación dalgunha ferramenta de investigación.
Glosario Explicación e constextualización dun conxunto de termos ou conceptos propios dun material especializado para facilitar a súa comprensión
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes