Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Socioloxía da educación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A10 A24 A10 Os contidos explicitados na exposición dos temas nas clases durante as sesións maxistrais serán avaliados e tidos en conta nos traballos tutelados cos que se planifica e avalía a materia. 20
Discusión dirixida A2 A11 A13 A14 A19 A2 A11 B16 B21 B23 B24 B24 C4 C6 C8 Trátase de agudizar o razoamento crítico nesta materia e utilizar as categorías de análise plantexadas en cada sesión dedicada ós temas de discusión.
Esta parte de asignatura intentará medir ou avaliar a participación, implicación e interese do alumnado.
5
Traballos tutelados A1 A9 A23 A9 A23 B15 B22 B25 B15 B22 C7 Ao longo do curso, semana a semana, haberá que elaborar un traballo sobre o tema ou contido correspondente, o cal deberá ser entregago a través da plataforma Moodle.
As entregas periódicas terán carácter obrigatorio e, tanto os seus contidos como entregas serán tidas en conta á hora de avaliar o seguimento e cumprimento da materia.
30
Debate virtual A6 A13 A23 A24 A57 A2 A11 A23 B18 B19 B22 B24 B25 B15 B24 C6 C8 C4 Na medida do posible e que permita tanto as TICs como o desenvolvemento do curso, procurarase desenvolver debates en grupo no que valorarase a participación nos mesmos en relación coa materia.
Como non é segura a súa realización, a cualificación inclúese no apartado de "Discusión dirixida".
0
Prácticas a través de TIC A6 A12 A24 A25 A2 A11 B19 B25 C8 C6 O emprego das TICs vai a ser necesaria, polo que o seu manexo ou dominio contará á hora de realización dos traballos e nas demáis metodoloxías nas que se avalía a materia. É dicir, este non é un apartado cunha avaliación específica senón que se verá reflexada nos outros. 0
Lecturas A9 A10 A14 A15 A24 B23 B24 C6 C7 C8 As lecturas deberán reflexarse nos traballos tutelados, tanto no que respecta á conformación de contidos como de referencias.
Asemesmo, tamén poderán ter reflexo nas discusión ou debates.
Ademáis, ao longo do curso aconsellaranse varias lecturas, dependendo a súa obrigatoriedade da disponibilidade de tempo que permita a planificación das demáis metodoloxías.
15
Análise de fontes documentais A13 A57 B22 B23 B25 C6 C7 C8 Esta é a parte ou compoñente principal para conformar axeitadamente os contidos dos traballos tutelados, polo que avalíase a procura, interese, intensidade e profundidade no análise das fontes de información e documentais. Polo que a súa avaliación é a fundamental dos traballos tutelados. 30
 
Observacións avaliación

Esta materia está plantexada para ser cursada mediante a participación por parte do alumnado na investigación e elaboración de contidos, análises, etc. Asemesmo, trátase dunha avaliación continua. Polo tanto, a súa planificación e desenvolvemento céntrase no segumento a través dos traballos que deben desenvolverse semana a semana, en base aos contidos da materia, e que deben entregarse a través da plataforma Moodle. Sendo por tanto o seguimiento, participación, realización e entrega dos traballos os pilares do curso. 

Entenderase por avaliación suficiente para superar a materia na súa primeira convocatoria ordinaria obter un 50% entre as metodoloxías descritas.

Esta avaliación é específica para a primeira convocatoria ordinaria da asignatura, é dicir, aquela constituida por unha avaliación continua. 

Para o resto de casos e convocatorias haberá unha proba ou examen (oral ou escrita), no que ademáis dos contidos teóricos se inclúe un soposto de carácter práctico. 

O traballo participativo so será válido para a primeira convocatoria e a súa correspondente avaliación continua.

Para o resto de convocatorias que non sexan á primeira ordinaria, non se gardan puntuacións nin traballos ou probas anteriores.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes