Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Psicoloxía do desenvolvemento de 0 a 6 anos
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levarán a cabo antes de iniciar o proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar. Presentación da materia.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais (presencial ou virtualmente) e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de introducir e presentar os coñecementos de cada tema e facilitar a súa aprendizaxe.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado baixo a tutela da profesora (de forma presencial ou virtualmente). Trátase de actividades de orientación-execución e de demostración-práctica a fin de que o alumnado comprenda significativamente a información relativa ao desenvolvemento na etapa de 0 a 6 anos e a integre na súa estrutura de coñecementos.
Investigación (Proxecto de investigación) Proceso de ensinanza (presencial ou virtualmente) orientado a facilitar a construción expansiva do coñecemento mediante a realización de actividades prácticas (informes psicoevolutivos/artigos de investigación) baseadas na identificación, análise e estudo algunhas das características psicoevolutivas do alumnado de infantil a través da observación participativa, de autoinformes e de estudos clínicos. Todo isto farase a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Proba de ensaio MODALIDADE B DE AVALIACIÓN.
Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada combinada coa capacidade de razoamento. Permite medir as habilidades de síntese, descrición, comparación, relación, explicación, exemplificación , polo que implica un dominio amplo e profundo dos contidos tanto teóricos como das actividades e prácticas desenvoltas na aula.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes