Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Psicoloxía do desenvolvemento de 0 a 6 anos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 A3 A4 A15 B1 B5 B11 B24 C4 C6 C7 Informe y presentación do traballo individual e grupal realizado para a elaboración de actividades de orientación-execución e de demostración-práctica.
Este informe entregarase a través da plataforma virtual Moodle da Universidade da Coruña.
Na Modalidade B de avaliación estes traballos serán obxecto de avaliación a través de preguntas na proba obxetiva.
20
Proba obxectiva A2 A4 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas. Evaluárase a adquisición dos conceptos chave da asignatura. O examenrealizárase via Moodle de xeito presencial. O alumnado terá que traer un dispositivo portátil coa conexión a Moodle. 50
Investigación (Proxecto de investigación) A2 A4 B1 B5 B11 C6 C7 Trátase de identificar, analizar e estudar algunhas das características psicoevolutivas dunha pequena mostra de alumnado de infantil e elaborar informes/artigos psicoeducativos, a partir da observación participativa ou da aplicación de probas, en base aos datos obtidos (ou proporcionados no caso de que non se poida acudir aos centros escolares). Todo isto farase a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Este informe entregarase a través da plataforma virtual Moodle da Universidade da Coruña.
30
 
Observacións avaliación

1ª CONVOCATORIA. 1ªOPORTUNIDADE

Dependendo da asistencia continuada ou non as clases, hai dúasmodalidades de seguir a materia de “Psicoloxía do desenvolvemento de 0 a 6anos” que determinan dous modos diferentes de avaliación: Modalidade A:Avaliación Continua e Modalidade B de Avaliación Final


• Modalidade A .Avaliación Continua. Nesta modalidade levarase a cabo unha avaliaciónde tipo procesual consistente na realización dunha serie de actividades eprácticas de cada tema realizadas en grupo co seguimento periódico das mesmas.Por tanto será obrigatoria a asistencia ás clases (como mínimo o 85% das horaspresenciais, é dicir, só se poderá faltar un máximo de 4 módulos nocuadrimestre con ou sen xustificación, en caso contrario deberase optar polamodalidade B), sendo imprescindíbel ademais a participación activa e continuadapor parte do alumnado no grupo de traballo na aula (no caso de non ser asícontabilizarase como unha ausencia). Esta avaliación levarase a cabo a partir:

a/ Da presentación por escrito das actividadesde grupo de cada un dos temas (traballos tutelados) que suporán un máximo dun 20% da cualificación

b/ Da presentación por escrito das prácticas grupais que se indiquen (investigación/proxecto de investigación) e quesuporán un máximo do 30% da cualificación.

c/ A realización da proba obxetiva, coa nota mínima de 5.

Para superar satisfactoriamente a materia será necesario presentartodas as actividades (traballos tutelados) e prácticas (investigación) propostas obtendo en cada unha delas o 50% do peso dacualificación e participar no traballo non presencial como mínimo nun 85% dashoras traballadas (participación cualificada polos membros do grupo colaborativo).

A cualificación final será a suma das puntuacións obtidas en cadaun dos elementos da avaliación segundo o seu peso respectivo (esta cualificación a nivel individual pódese ver afectada polas cualificacións que os membros do grupo fagan do traballo realizado por cada membro).

• Modalidade B . Avaliación Final. Para aquelalumnado que non asista ao 85% das horas presenciais, alumnado repetidor ou con recoñecemento dededicación a tempo parcial e dispensa académica de exención deasistencia, a cualificación virá determinada por unha proba final escritados contidos teóricos, e da realización e entrega dos traballos de investigación da materia. Esta proba terá un 70 % do peso na avaliación. Os traballos de investigación terán un peso de 30 %.

1ª CONVOCATORIA. 2ª OPORTUNIDADE

- Na Modalidade A. Terase que repetir a parte obxecto deavaliación en que non se acadou o 50% do seu peso na cualificación

- Na Modalidade B. A avaliación realizarase segundo osinalado para a 1ª oportunidade.

OUTRAS CONVOCATORIAS

Nas restantes convocatorios seguirase a Modalidade B de Avaliación Final ,isto é proba escrita dos contidos teórico-prácticos da materia do cursoacadémico correspondente.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes