Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Tecnoloxías da información e a comunicación en educación
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Tecnoloxías da información e a comunicación en educación Código 652G01005
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Fernandez Prieto, Marta
Correo electrónico
marta.prieto1@udc.es
Profesorado
Fernandez Prieto, Marta
Correo electrónico
marta.prieto1@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle
Descrición xeral A materia de Tecnoloxías da información e a comunicación en educación forma parte do plan de estudios do grado en Educación Infantil, se cursa no primeiro curso e é unha materia de Formación básica de 6 créditos ECTS. Os estudios conducentes ao Grado en Educación Infantil teñen como principal fin dotar aos futuros mestres das competencias necesarias para desenvolver a actividade docente nos niveis educativos de 0 a 6 anos. Entre as funcións centrais na actividade docente está o deseño e desenvolvemento dun curriculum que permita o desenrolo integral dos nenos e nenas das etapas da Educación Infantil e que responda a unha serie de principios xerais relacionados cunha educación democrática, inclusiva e preocupada pola xustiza social. Como elementos clave do curriculum sobre o que o futuro mestre deberá tomar decisións están os medios e recursos didácticos que permitirán o traballo dos contidos do curriculum e contribuirán a consecución dos fins educativos buscados. A materia de Tecnoloxías da información e a comunicación en educación dotará os futuros mestres coas competencias necesarias para poder analizar, avaliar, seleccionar, utilizar e crear recursos baseados nas tecnoloxías da información e da comunicación. Na sociedade actual, definida como sociedade da información, a xeración, procesamento, manipulación e transmisión de información gracias as TIC son agora as actividades centrais e as principais fonte de productividade e poder. A escola debe responder aos avances tecnolóxicos tendo en conta que a mera introdución das novas tecnoloxías no curriculum non implica a mellora da calidade da educación, sendo posible seguir reproducindo formas tradicionais de ensinanza pero con novos medios. É por isto necesario unha reflexión previa sobre os fins buscados, os cales deberán encamiñarse a formar a futuros cidadáns con capacidade para analizar de forma crítica a información transmitida a través das TIC, con capacidade para crear información mediante as TIC, con capacidade para aprender a aprender e comprometidos coa defensa da xustiza social. Dende unha postura crítica ante as novas tecnoloxías o docente deberá, por unha banda, guiar o estudiante na súa construcción do coñecemento, contribuíndo a súa vez a que se converta en intérprete crítico dese coñecemento. Ademais o docente deberá ser consciente da non neutralidade da tecnoloxía e dos intereses que se atopan tras todo avance tecnolóxico, analizando, por exemplo, o papel das novas tecnoloxías no aumento ou diminución das desigualdades sociais. Por outra banda o docente deberá utilizar estes recursos tecnolóxicos para favorecer a investigación da súa propia práctica levando a cabo procesos de investigación-acción que favorezan a mellora da súa labor docente. A materia de Tecnoloxías da información e a comunicación en educación asignada a área de Didáctica e Organización escolar se relaciona con outras materias do primeiro curso do plan de estudios como poden ser Deseño, desenvolvemento e avalización do curriculum, Socioloxía da educación ou Valores e educación para a igualdade.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes