Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Tecnoloxías da información e a comunicación en educación
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Na actividade de sesión maxistral traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.

Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.
Traballos tutelados Aoredor dos diferentes temas, proporase a realización dun proxecto con diferentes tarefas en pequenos grupos baseado en prácticas a través das TIC. Estas actividades comezarán na aula e deberán completarse a través do traballo autónomo dos alumnos, seguindo as indicacións que proporcionarán a través da atención personalizada do profesor aos diferentes grupos.

Para a realización destes traballos tomaranse como referencia tanto os materiais básicos da materia como outros complementarios. Basearanse no traballo con diferentes recursos en liña, con diferentes programas de software libre e ferramentas dixitais. Finalmente, a través da presentación na aula, cada grupo compartirá o traballo feito cos outros grupos.
Aprendizaxe colaborativa Asesoramiento personalizado para el desarrollo de los debates y para el trabajo colaborativo y cooperativo; para el reparto de tareas por grupos; para la motivación en la cooperación de los grupos y orientación en las discusiones dirigidas que surgen de los debates en grupo.
Prácticas a través de TIC Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico (demostracións, simulacións, etc.) a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. As TIC supoñen un excelente soporte e canal para o tratamento da información e aplicación práctica de coñecementos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado.
Proba oral Busca responder, oralmente, a preguntas curtas ou de certa amplitude, valorando a capacidade de razoamento (argumentar, relacionarse, etc.), a creatividade e o espírito crítico. Permite medir habilidades como a capacidade de crítica, síntese, comparación, elaboración e orixinalidade dos estudantes e do seu traballo.
Nesta materia a Proba Oral consistirá na exposición final dos Traballos Tutelados.
Análise de fontes documentais Estudo de documentos audiovisuais e / ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para o tema con análises concretas e máis complexas sobre TIC e educación Infantil e o tema de estudo en traballos tutelados.
Proba de ensaio Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Utilízase para a avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
Nesta materia utilizarase para avaliar o recollido nas Fontes Documentais
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na presentación verbal das tarefas a realizar ao longo da materia, formulando preguntas, aclarando e presentando temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes