Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Tecnoloxías da información e a comunicación en educación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A21 A25 A28 A29 A30 A41 B1 B7 B9 B10 B11 B25 C3 C8 En relación cos traballos tutelados valorarase:
- A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
- O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas educativas.
- O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A presentación e a claridade na exposición.
70
Proba mixta A1 A21 A28 A41 A63 C6 C8 A proba mixta consistirá en dar resposta a varias cuestións que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia.






30
 
Observacións avaliación

1. OPCIÓNS DE AVALIACIÓN:

Opción A.
Alumnado con dedicación completa: asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
   a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (70%).
   b) Un exame escrito sobre os contidos da materia (30%).

Opción B.
Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212).
Alumnado cunha asistencia/participación  nas actividades de clase mínima do 80%:
   a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (70%).
   b) Un exame escrito sobre os contidos da materia (30%).

2. OBSERVACIONS ADICIONAIS:
1- Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados e proba mixta).
2- O traballo tutelado presentarase antes da data do exame oficial (para presentarse ao exame é condición indispensable ter presentados e aprobados os traballos).
3- A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de xaneiro.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes