Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Tecnoloxías da información e a comunicación en educación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A1 A13 A62 B1 B3 B4 B9 B11 B17 B22 C4 C6 C8 Recollida e estudo de documentos audiovisuais e / ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para o tema e traballos supervisados (5), con análises máis complexas sobre o tema de estudo en tarefas e traballo supervisado (5).

Será unha proba oral na data do examen onde se avaliará dentro do expresado na devandita metodoloxía:
- capacidade para comparar e relacionarse con fontes documentais (5).
- capacidade de síntese (5).

A entrega en texto impreso a profesora será un requisito previo para poder optar a esta modalidade de avaliación. Este documento impreso entregarase a última seman de clase do mes de Decembro.
20
Traballos tutelados A21 A25 A28 A29 A30 A41 B1 B7 B9 B10 B11 B25 C3 C8 Avaliación grupal. Obrigatorio

Avaliarase o contido de todas as tarefas a realizar e da proposta educativa:

- A profundidade do contido (15).
- O dominio das aplicacións empregadas ao longo do proxecto (10).
- O tratamento dunha linguaxe específica ou adaptada ao contexto do proxecto (10).
- O emprego de fontes documentais complementarias e actuais (10).
- A orixinalidade da proposta (15).
60
Proba oral B3 B10 B11 B12 B17 B19 C1 Avaliación grupal. Obrigatorio

Valorarase a exposición do traballo supervisado:

- claridade da presentación. Distribución de tempos (5).
- capacidade de síntese (5).
- Capacidade para comparar e relacionarse con fontes documentais (5).
- orixinalidade na presentación (5).
20
 
Observacións avaliación

Tanto para a primerira como para a segunda oportunidade de avaliación os criterios serán os mesmos.

Os estudantes a tempo parcial poden
solicitar aos decanos / directores dos centros responsables da súa titulación
ou aos coordinadores dos másteres, se é o caso, a dispensación académica que os
exime de asistir á clase desas materias ou partes das materias nas que admítese
a mencionada dispensa na súa guía docente; non obstante, en calquera caso,
serán avaliados polo sistema de avaliación continua.

Neste caso se adaptarán horarios para títorias e probas de avaliación contínua e final a cada un dos estudiantes con dispensa.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación (plaxio) implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes