Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Historia da educación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados C4 C6 Trátase de facer un traballo de iniciación á investigación histórica. Esixe por parte do alumnado un grao de responsabilidade consonte cos obxectivos e a calidade que debe presidir este tipo de traballo. No seu momento facilitaránse unhas pautas que permitirán a elaboración do mesmo, que se complementará cun seguimento titorial individualizado. 40
Lecturas B3 Con caracter obrigatorio e optativo propoñeranse un serie de lecturas seguindo o temario do programa. 20
Aprendizaxe colaborativa A29 Parte da idea de que os estudantes traballan xuntos para aprender. Debe entenderse como unha estratexia de aprendizaxe que tenta fortalecer o desenvolvemento global do alumnado. 10
Presentación oral B17 C1 Exposición de traballos, individuais ou colectivos, diante do grupo de referencia, procurando tirar conclusións sobre a problemática investigada, documento ou experiencia abordada. 10
Proba de ensaio B1 Pretende determinar os logros dos estudantes en termos obxectivos e avaliar de xeito directo a capacidade de análise, a expresión e a organización de ideas relativas aos contidos da materia. 20
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia será continua e formativa.

A asistencia ás clases interactivas é obrigatoria. O alumno ou alumna que acumule máis de tres faltas de asistencia deixa de ser asistente pasando a ser avaliado seguindo outros criterios distintos ó alumnado asistente.

A avaliación final consistirá na presentación  e defensa dun traballo tutelado grupal ao que lle corresponderá o 70% da nota final e unha proba de ensaio ao que lle corresponderá o 30% da nota final.

Os/As alumnas repetidoras poderán optar á asistencia ás clases ou de non asistir deberan realizar unha proba de ensaio de carácter obrigatorio ao remate do cuatrimestre na data marcada oficialmente pola Facultade e un traballo individual. O traballo individual terá un valor do 30% da nota e a proba de ensaio un 70%. Será imprescindible para aprobar a materia obter cando menos un aprobado tanto no traballo como na proba de ensaio.

O alumnado non presencial debidamente xustificados deberán realizar unha proba de ensaio de carácter obrigatorio ao remate do cuatrimestre na data marcada oficialmente pola Facultade e un traballo tutelado de carácter individual. O traballo individual terá un valor do 30% da nota e a proba de ensaio un 70%. Será imprescindible para aprobar a materia obter cando menos un aprobado tanto no traballo como na proba de ensaio.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes