Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Subjects
  Psychology of Learning in Educational Contexts
   Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Actividades que se levarán a cabo antes de iniciar o proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar. Presentación da materia.
Guest lecture / keynote speech Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais (presencial ou virtualmente) e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de introducir e presentar os coñecementos de cada tema e facilitar a súa aprendizaxe.
Supervised projects Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado baixo a tutela e guía da profesora ou profesor (de forma presencial ou virtualmente). Trátase de actividades de orientación-execución e de demostración-práctica a fin de que o alumnado, de forma colaborativa, comprenda significativamente en que consiste a aprendizaxe escolar e as variabéis intrapersoais e ambientais que inflúen na mesma para finalmente integralo na súa estrutura de coñecementos.
Research (Research project) Proceso de ensinanza (presencial ou virtualmente) orientado a facilitar a construción expansiva do coñecemento mediante a realización de actividades prácticas (informes/artigos de investigación) realizadas de forma colaborativa ou cooperativa. Estas actividades consistirán na análise e estudo da aprendizaxe escolar e dalgunhas das variábeis intrapersoais e ambientais que inflúen na mesma.
Long answer / essay questions Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada combinada coa capacidade de razoamento. Permite medir as habilidades de síntese, descrición, comparación, relación, explicación, exemplificación, polo que implica un dominio amplo e profundo dos contidos tanto teóricos como das actividades e prácticas desenvoltas na aula.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes