Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Valores e educación para a igualdade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A5 A12 A13 A26 B3 B4 B5 B6 B9 B10 B11 B22 B23 B24 C1 C3 C4 C7 Análise e discusión de documentos e fontes relevantes así como desenvolvemento de actividades prácticas. 10
Traballos tutelados A4 A6 A9 A10 A11 A12 A13 A22 A23 A25 A26 B3 B4 B5 B6 B9 B10 B11 B22 B23 B24 C1 C3 C7 Para avaliar os traballos teranse en conta os seguintes aspectos:
ELABORACIÓN:
- Estrutura: aspectos formais, organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical.
- Contido: Comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, búsqueda e uso de distintas fontes complementarias e actuais.

EXPOSICIÓN:
- Orden na exposición.
- Relevancia e organización dos contidos expostos.
- Coordinación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
- Nivel de comprensión dos contidos básicos.
- Claridade expositiva e corrección lingüística.
- Creatividade (presentación suxestiva, motivadora, dinamizadora da participación das/os compañeiros/as...)
- Uso de recursos...
30
Recensión bilbiográfica A13 A26 B3 B4 B5 B6 B10 B11 B22 C1 C4 C7 Proceso de lectura crítica dun libro ofertado pola profesora. Comprende ademais da lectura da obra en cuestión, a análise do seu contido, unha crítica e mesmo unha valoración en relación con outros documentos de igual ou parecida natureza. Facilitaránse unhas pautas que permitirán a elaboración do mesmo. 10
Presentación oral A13 A26 B3 B5 B6 B10 B11 B22 B23 C1 C3 C4 C7 Valoración incluida no traballo tutelado 0
Proba de ensaio A4 A5 A6 A9 A12 A13 A26 B3 B6 B9 B10 B11 B22 C1 C4 C7 A proba de ensaio, de carácter individual, utilizada para a avaliación da aprendizaxe o remate do curso consistirá en dar resposta ás cuestións prantexadas que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia.

50
 
Observacións avaliación

1. OPCIÓNS DE AVALIACIÓN

Atendendo ó traballo e á participación do alumnado na materia, a avaliación contempla dúas opcións:

Opción A: Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de aula (asistencia mínima 85%), correspóndelle a modalidade de avaliación arriba exposta. A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criteriso que a convocatoria de maio.

Opción B: Para o alumnado que non asiste/participa nas actividades de aula (asistencia inferior ao 85%), e por tanto con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia,
segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO
DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212),
establécese que ademáis do traballo que en cada caso particular se especifique, realizará unha proba de ensaio con carácter obrigatorio ao final do cuadrimestre na data sinalada oficialmente. Esta proba terá un valor do 50% do total da nota final. A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criteriso que a convocatoria de maio.

2. OBSERVACIONS ADICIONAIS:

- A asistencia as sesións de clase é imprescindible e será considerada de forma positiva no proceso de avaliación. Como xa se dixo, a presencialidade ven determinada por unha asistencia mínima do 85%.

- Para superar a materia é imprescindible presentar todas as actividades e prácticas propostas ademáis de realizar a proba de ensaio. De faltar algunha actividade ou práctica non hai opción a facer a proba escrita e por tanto, a materia quedará pendente para xullo.

- A cualificación final sera a suma das puntuacións obtidas en cada un dos elementos de avaliación segundo o seu peso respectivo. Gardaranse as partes superadas da materia de unha convocatoria a outra, dentro do mesmo curso académico.

- No caso de que a avaliación resulte negativa ó final do cuadrimetre, na oportunidade de xullo só se repetirá a proba escrita.

- É obrigatorio pasar pola titoría mentres se estea no proceso de elaboración do traballo tutelado. Este entregarase e expoñerase na data que se indique. Para presentarse ao examen é condición indispensable ter presentado o traballo.

- Calquera circunstancia persoal que poida alteirar o seguimento da materia por parte do alumnado deberá ser comunicada de inmediato para a súa oportuna e axeitada consideración e mesmo para tomar as medidas a que houbera lugar en cada caso.

-Ao longo do 2º cuadrimestre pode haber actividades de carácter
científico e/ou divulgativo relacionadas coa materia que a docente
considera oportuna a súa asistencia ainda que estén programadas fora do
horario da materia, pero dentro do horario lectivo xeral. Nese caso, o
alumnado será avisado con antelación para que poida asistir. Estas
actividades computarán na evaluación.

-Os alumnado repetidor da materia obrigatoriamente deberán poñerse en contacto ca profesora antes de que remate o mes de febreiro do presente curso académico para que lle indique, segundo os casos, a relación de traballos que terán que realizar de maneira individual. En calquera caso, establecerase unha proba oral ou escrita, segundo os casos, con carácter obrigatorio para todos  o final do cuatrimestre, na data sinalada oficialmente, e que suporá o 50% da nota final. O outro 50% corresponderá ós traballos que en cada caso sexan asignados expresamente ao alumnado .
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes