Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Valores e educación para a igualdade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A5 A12 A13 A26 A40 B3 B4 B5 B6 B9 B10 B11 B13 B20 B22 B23 B24 C1 C3 C4 C7 Análise e discusión de documentos e fontes relevantes así como desenvolvemento de actividades prácticas. 10
Traballos tutelados A4 A6 A9 A10 A11 A12 A13 A22 A23 A25 A26 A39 A40 B3 B4 B5 B6 B9 B10 B11 B13 B14 B20 B22 B23 B24 C1 C3 C7 Para avaliar os traballos teranse en conta os seguintes aspectos:
- Estrutura: aspectos formais, organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical.
- Contido: Comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, búsqueda e uso de distintas fontes complementarias e actuais.

Entregarase na data que se indique.
É condición indispensable entregar o traballo para presentarse a proba de ensaio.
20
Recensión bilbiográfica A13 A26 B3 B4 B5 B6 B10 B11 B22 C1 C4 C7 Proceso de lectura crítica dun libro ofertado pola profesora. Comprende ademais da lectura da obra en cuestión, a análise do seu contido, unha crítica e mesmo unha valoración en relación con outros documentos de igual ou parecida natureza. Facilitaránse unhas pautas que permitirán a elaboración do mesmo. 10
Presentación oral A13 A26 B3 B5 B6 B10 B11 B22 B23 C1 C3 C4 C7 Exposición de traballos realizados diante do grupo de referencia, procurando tirar conclusións sobre a problemática invesigada, documento ou experiencia abordada.
Para a súa avaliación teranse en conta os seguintes aspectos:
- Orden na exposición.
- Relevancia e organización dos contidos expostos.
- Coordinación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
- Nivel de comprensión dos contidos básicos.
- Claridade expositiva e corrección lingüística.
- Creatividade (presentación suxestiva, motivadora, dinamizadora da participación das/os compañeiros/as...)
- Uso de recursos...
Expoñeranse nas data que se indiquen.
É condición indispensable a exposición para presentarse á proba de ensaio.
10
Proba de ensaio A4 A5 A6 A9 A12 A13 A26 B3 B6 B9 B10 B11 B22 C1 C4 C7 A proba de ensaio, de carácter individual, utilizada para a avaliación da aprendizaxe o remate do curso consistirá en dar resposta ás cuestións prantexadas que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia.
Valoraránse as respostas concretas e precisas, asi como a utilización de fontes (apoio na documentación achegada así como noutras lecturas realizadas) que favorezan un discurso coherente e razoado.
A súa realización terá lugar segundo calendario oficial.


50
 
Observacións avaliación

1. OPCIÓNS DE AVALIACIÓN

Atendendo ó traballo e á participación do alumnado na materia, a avaliación contempla dúas opcións:

Opción A:
Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de aula
(asistencia mínima 85%), correspóndelle a porcentaxe de avaliación
seguinte: 10%  Análise de Fontes Documentais; 20% Traballos tutelados; 10%
Recensión; 10% Presentación Oral; 50% Proba de ensaio, na que será preciso obter unha puntuación igual ou superior a 2.25 sobre 5 para poder superar a materia. O alumnado que non acade unha asistencia mínima do 85% non terá opción a realizar a proba de ensaio no mes de maio: será avaliado nas distintas metodoloxías pero non calificado no final do cuadrimestre.

A cualificación final será a suma das
puntuacións obtidas en cada un dos elementos de avaliación segundo o seu
peso respectivo, salvo que na proba de ensaio a puntuación sexa inferior a 2.25. Neste caso, a cualificación final corresponderase coa acadada nesta proba.

Na realización da proba de ensaio, o alumnado poderá dispor do material dado pola docente ou de elaboración propia durante os 30 minutos iniciais.

No caso de que a avaliación
resulte negativa ó final do cuadrimetre, a convocatoria de xullo estará
sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de maio e só se
repetirá a proba escrita, gardándose as partes superadas da materia de
unha convocatoria a outra, dentro do mesmo curso académico.

Opción B: Para o alumnado que non asiste/participa nas actividades de aula (asistencia inferior ao 85%), e con recoñecemento por parte do Decanato da Facultade de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia,
segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO
E A PERMANENCIA E A PROGRESION DOS ESTUDANTES DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO NA UDC (Aprobada en Consello de Goberno o 28/6/2016),

realizará unha proba de ensaio con carácter obrigatorio ao final do
cuadrimestre na data sinalada oficialmente
(50% do total da nota final) ademáis do traballo que en cada caso
particular se especifique (50% restante). A cualificación final sera a
suma das puntuacións obtidas en cada un dos elementos de avaliación
segundo o seu peso respectivo. Na realización da proba de ensaio, o alumnado poderá dispor do material
dado pola docente ou de elaboración propia durante os 30 minutos
iniciais.

No caso de que a avaliación resulte negativa ó final do cuadrimetre, a
convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a
convocatoria de maio e só se repetirá a proba escrita, gardándose as
partes superadas da materia de unha convocatoria a outra, dentro do
mesmo curso académico.

2. OBSERVACIONS ADICIONAIS:


- Para superar a materia é imprescindible presentar todas as
actividades e prácticas propostas ademáis de realizar a proba de ensaio.
De faltar algunha actividade ou práctica non hai opción a facer a proba
escrita e por tanto, a materia quedará pendente para xullo, figurando
na Acta como Non Presentado/a.

- O sistema de avaliación poderá flexibilizarse segundo o estime pertinente a docente que imparta a materia en cada grupo.

- O alumnado da
opción A que non forme parte de ningún grupo de traballo ou non asista
regularmente as clases pasará a ser considerado na opción B.

-
Calquera circunstancia persoal que poida alteirar o seguimento da
materia por parte do alumnado deberá ser comunicada de inmediato para a
súa oportuna e axeitada consideración e mesmo para tomar as medidas a
que houbera lugar en cada caso.

- Ao longo do 2º
cuadrimestre pode haber actividades de carácter científico e/ou
divulgativo relacionadas coa materia que a docente considera oportuna a
súa asistencia ainda que estén programadas fora do horario da materia,
pero dentro do horario lectivo xeral. Nese caso, o alumnado será avisado
con antelación para que poida asistir. Estas actividades computarán na
evaluación.

- O alumnado de Continuación de estudos (repetidor), obrigatoriamente deberá poñerse en contacto ca profesora antes
do 20 de febreiro do presente curso académico para que lle indique,
segundo os casos, a relación de traballos que terán que realizar de
maneira individual. De non facelo, terán a mesma consideración que os
matriculados na Opción A. En calquera caso  e unha vez comunicada a súa situación, establecerase unha proba oral ou escrita,
segundo os casos, con carácter obrigatorio para todos  o final do
cuatrimestre, na data sinalada oficialmente, e que suporá o 50% da nota
final. O outro 50% corresponderá ós traballos que en cada caso sexan
asignados expresamente ao alumnado e para os cales se fixará unha data de entrega. No caso de non entregar nada na data fixada, non haberá opción a facer a proba de ensaio. Na realización desta proba, o alumnado poderá dispor do material
dado pola docente ou de elaboración propia durante os 30 minutos
iniciais.

Todas as condicións descritas serán válidas para a 2ª oportunidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes