Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Valores e educación para a igualdade
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

GRUPO A (M. Dolores Cotelo Guerra)

-

1. Os traballos entregaranse telemáticamente, a través o campus virtual, e de non ser posible: realizaranse impresións a dobre cara, en papel reciclado e grapados (evitarase o uso de plásticos.

2. Non se admitirán traballos dos que a docente non teña constancia da sua realización.

3. Os traballos deben presentarse  ben identificados (nome do alumno/alumna, curso, grupo, materia e nome do profesor/profesora), e sempre que conteñan referencias bibliográficas, é imprescindible seguir as normas da APA (7ª ed.), empregando ademáis a citación xusta.

4. As datas de entrega dos traballos son proposta ao inicio do cuadrimestre. Polo tanto, son inamovibles, agás casos excepcionais. É aconsellable gardar copia do orixinal que se entregue.

5. Para poder ser calificado/a e avaliado/a é necesario ter entregado todolos traballos esixidos. De faltar algunha das partes, o alumno/a figurará como NON PRESENTADO/A.

6. Débese facer un uso sostible dos recursos así como da prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

7. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

8. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, incorporarase a perspectiva feminista nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizaranse referencis bibliográficas de ambos sexos -citación xusta-, propiciarase a intervención na aula de alumnas e alumnos...)

9. Traballarase para identificar e modificar prexuicios e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

10. Deberanse detectar situacións de discriminación por rzón de xénero e proporanse accións e medidas para correxilas.

11. Facilitarase a plena integración do alumnado por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, que experimenten dificultades a un acceso axeitado , igualitario e proveitoso á vida universitaria. Agradécese que calquera nedecesidade de proposta de mellora sexa comunicada.

12. A proba de ensaio realizarase seguindo o calendario oficial.

13. O horario de titorías está exposto na web da Facultade e na porta do despacho P0B5.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes