Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Investigación e avaliación da calidade de proxectos educativos
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Algúns contidos do programa precisan unha exposición maxistral por parte do profesorado para centrar o proceso de ensino-aprendizaxe.

Por iso, as clases expositivas, céntranse na exposición oral dos ditos contidos, complementada co emprego de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Estudo de casos As clases expositivas combinaranse con clases interactivas guiadas polo profesorado e no que o alumnado cobra un papel importante.

Nas clases interactivas, empregaranse metodoloxías onde o suxeito se enfrente ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumnado situarase ante un problema concreto (práctica), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, para chegar a unha decisión razonada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Eventos científicos e/ou divulgativos Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Estas actividades proporcionan ao alumnado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo.

Os contidos desenvolvidos nestas charlas, conferencias,.... formarán parte da proba mixta.
Proba mixta A exame final fixada pola Xunta de Facultade realizarase mediante unha proba mixta. Esta proba, integrará preguntas tipo de probas de ensaio (abertas e de desenvolvemento) e preguntas tipo de probas obxectivas, que poderán combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes