Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Investigación e avaliación da calidade de proxectos educativos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A24 A25 A26 A29 A30 B2 B5 B10 B11 B12 B13 C1 C6 A metodoloxía de estudo de casos porase en práctica nas clases interactivas. Para a realización do estudo de casos é preciso formar pequenos grupos de traballo e débese ter en conta o seguinte:

- Formaranse grupos pequenos (non máis de 4 persoas).

- Cada grupo elixirá unha persona coordinadora, encargada de presentar e defender as ideas do seu grupo de traballo, no caso en que se lle solicite, que será rotativa en cada práctica.

- Estos grupos formaranse o primeiro día de clase polo profesorado.

O profesorado realizará un seguimento das prácticas que se vain elaborando por cada grupo e lle asignará unha cualificación. Non é necesario entregar as prácticas realizadas senón que o profesorado irá realizando o seguimento partindo do que se expoña na aula.

O profesorado indicará propostas de mellora de cada práctica a cada grupo co fin de que na proba mixta da materia o alumnado sepa realizar as prácticas sen problema. Son, por tanto, materia de exame.

30
Sesión maxistral A30 A23 C8 C6 Asistencia e participación en clases, seminarios e titorías. 10
Proba mixta A24 A25 A26 A30 B2 C1 A exame final fixada pola Xunta de Facultade realizarase mediante unha proba mixta na que entrará toda a materia (clases expositivas + clases interactivas).

O sistema de corrección da dita proba será o seguinte:

- Para preguntas de verdadeiro/falso: unha resposta incorrecta, restará unha resposta correcta.

- Para preguntas de varias alternativas aplicarase a fórmula de corrección ao azar: acertos - erros/nº alternativas - 1.
60
 
Observacións avaliación

ALUMNADO ASISTENTE: As condicións da avaliación sinaladas, fíxanse para o alumnado asistente a clase.

- Considerarase alumnado asistente a aquel que presente, como máximo un 20% de faltas de asistencia durante o curso; por iso, o profesorado poderá solicitarlle ao alumnado que asine unha folla tanto á entrada como á salida.

- Ata un 20% das clases poderán
desenvolverse mediante charlas, conferencias, asistencia a seminarios
que non teñen por que coincidir co horario habitual das clases,
pero que será necesaria a asistencia para alumnado considerado como
presencial. En todo caso, o contido das charlas formará
parte da proba de avaliación para ambas modalidades de asistencia.

- O alumnado poderá xustificar as súas faltas de asistencia.

ALUMNADO NON ASISTENTE: O alumnado que non forme parte de ningún grupo, non realice as prácticas correspondentes (estudo de casos) ou non asista regularmente ás clases, considerase alumnado non asistente.

- O alumnado non asistente terá que presentar unha reflexión final (individual) que será valorada co 10% da cualificación final da materia. Esta reflexión final deberá constar de:

* Reflexión persoal sobre os contidos desenvolvidos: qué aprendín, qué sei facer agora,...

* Reflexión persoal sobre as competencias adquiridas con respecto ás indicadas na Guía Docente (da materia).

* Valoración persoal con respecto á práctica profesional: aplicacións prácticas dos contidos ao mundo da educación infantil, qué aprendín para o meu futuro profesional,...

* Apreciacións persoais sobre as titorías realizadas.

* Análise das prácticas realizadas ao longo das clases interactivas (deberanse incorporar neste apartado os resultados das ditas prácticas).

* Valoración da temporalización da materia.

* Outros aspectos: materiales elaborados a maiores polo alumnado co fin de completar os contidos, referencias bibliográficas ou webs consultadas,...

- A reflexión final debe ser a valoración final
froito do traballo do curso completo (material de clases expositivas +
prácticas -estudo de casos- das clases interactivas). O exemplar da dita reflexión entregarase impreso e encuadernado, sen tapas de
plástico e en papel reciclado, co obxectivo de traballar a
competencia "Capacidade para actuar de maneira sostible na defensa
do medio ambiente" e de acordo co recollido no Plan de Acción do
Programa Green Campus UDC".

- O prazo
máximo de entrega será a semana seguinte de finalizar as clases.

- A puntuación deste traballo é de 1 punto pero é necesario acadar a mitade da puntuación (é dicir, 0.5 puntos) para poder aprobar a materia.

NOTA: A UDC regula a matrícula de estudantes a tempo parcial, criterios que tamén serán tidos en conta polo profesorado, polo que será necesario que o alumnado con este tipo de réxime de dedicación, o informe ao profesorado e concerten a maneira na que se desenvolverá o proceso de ensino-aprendizaxe.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes