Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Investigación e avaliación da calidade de proxectos educativos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A24 A25 A26 A29 A30 B2 B5 B10 B11 B12 B13 C1 C6 A metodoloxía de traballos tutelados porase en práctica nas clases interactivas. Para a realización dos traballos tutelados é preciso formar pequenos grupos de traballo e débese ter en conta o seguinte:

- Formaranse grupos pequenos (non máis de 4 persoas).

- Cada grupo elixirá unha persona coordinadora, encargada de presentar e defender as ideas do seu grupo de traballo, no caso en que se lle solicite, que será rotativa en cada práctica.

- Estos grupos formaranse o primeiro día de clase polo profesorado.

O profesorado realizará un seguimento das prácticas que se vaian elaborando por cada grupo.

O profesorado indicará propostas de mellora de cada práctica a cada grupo co fin de que na proba mixta da materia o alumnado sepa realizar as prácticas sen problema. Son, por tanto, materia de exame.

40
Sesión maxistral A23 A30 C6 C8 Asistencia e participación en clases, seminarios e titorías. 10
Proba mixta A23 A24 A25 A26 A30 B2 B11 B12 C1 C6 C8 Os contidos abordados nas sesións expositivas e interactivas avaliaranse mediante unha proba mixta.

O sistema de corrección da dita proba será o seguinte:

- Para preguntas de verdadeiro/falso: unha resposta incorrecta, restará unha resposta correcta.

- Para preguntas de varias alternativas aplicarase a fórmula de corrección ao azar: acertos - erros/nº alternativas - 1.
50
 
Observacións avaliación

CARACTERÍSTICAS
DA AVALIACIÓN:



A
avaliación nesta asignatura concíbese como un proceso reflexivo onde o alumnado
toma conciencia de sí mesmo e das súas metas e os docentes convértesse en guías que
orientan de cara a acadar uns obxectivos formativos. Neste sentido, proponse
unha avaliación orientada á mellora que comporta o seguinte:



-
As actividades realizadas para a avaliación serán tamén útiles para a
aprendizaxe.



-
Proponse a proalimentación co fin de que o alumnado saiba coñecer ónde está e
mellorar o seu traballo e a súa aprendizaxe.



-
O alumnado implicarase na avaliación do seu traballo, tendo a autoavaliación un
espazo da materia.

CRITERIOS
DE CUALIFICACIÓN:



Na
avaliación da materia, a cualificación obterase da aplicación das porcentaxes
de ponderación sinaladas. A non realización ou a non obtención da puntuación
mínima nalgunha das dimensións desta avaliación, suporá a non obtención da dita
porcentaxe da cualificación e a conseguinte non superación da materia. Na
segunda convocatoria, conservaranse as cualificacións superadas na primeira,
polo que o estudantado só deberá someterse aos procedementos nos que non teña
obtido a puntuación mínima esixida (50% en cada caso). En terceira e sucesivas
convocatorias, a avaliación deberá repetirse na súa totatlidade.



NOTA:
A UDC regula a matrícula de estudantes a tempo parcial, criterios que tamén
serán tidos en conta polo profesorado, polo que será necesario que o alumnado
con este tipo de réxime de dedicación, o informe ao profesorado e concerten a
maneira na que se desenvolverá o seu proceso de ensino-aprendizaxe. Os e as
estudiantes non asistentes, deben porse en contacto coa docente para establecer
a metodoloxía de avaliación da materia.

OUTROS
CRITERIOS A TER EN CONTA:



-
Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos
sobre o medio natural.



-
Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos
valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.



-
Será primordial e obrigatoria a corrección ortográfica (ortografía, acentuación
e puntuación) gramatical e léxica nos traballos e exames realizados como
condición imprescindible para superar a materia.



-
No relativo á realización fraudulenta (plaxio) das probas de avaliación, a
cualificación axustarase ao establecido no artigo 11, apartado 4 b), do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC: obterase a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes