Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Investigación e avaliación da calidade de proxectos educativos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A24 A25 A26 A29 A30 B2 B5 B10 B11 B12 B13 C1 C6 A metodoloxía de traballos tutelados porase en práctica nas clases interactivas. Para a realización do estudo de casos é preciso formar pequenos grupos de traballo e débese ter en conta o seguinte:

- Formaranse grupos pequenos (non máis de 4 persoas).

- Cada grupo elixirá unha persona coordinadora, encargada de presentar e defender as ideas do seu grupo de traballo, no caso en que se lle solicite, que será rotativa en cada práctica.

- Estos grupos formaranse o primeiro día de clase polo profesorado.

O profesorado realizará un seguimento das prácticas que se vaian elaborando por cada grupo. Non é necesario entregar as prácticas realizadas senón que o profesorado irá realizando o seguimento partindo do que se expoña na aula.

O profesorado indicará propostas de mellora de cada práctica a cada grupo co fin de que na proba mixta da materia o alumnado sepa realizar as prácticas sen problema. Son, por tanto, materia de exame.

60
Proba mixta A23 A24 A25 A26 A30 B2 B11 B12 C1 C6 C8 A exame final fixada pola Xunta de Facultade realizarase mediante unha proba mixta na que entrará toda a materia (clases expositivas + clases interactivas).

O sistema de corrección da dita proba será o seguinte:

- Para preguntas de verdadeiro/falso: unha resposta incorrecta, restará unha resposta correcta.

- Para preguntas de varias alternativas aplicarase a fórmula de corrección ao azar: acertos - erros/nº alternativas - 1.
40
 
Observacións avaliación

ALUMNADO ASISTENTE: As condicións da avaliación sinaladas, fíxanse para o alumnado asistente a clase.

- Considerarase alumnado asistente a aquel que presente, como máximo un 20% de faltas de asistencia durante o curso; por iso, o profesorado poderá solicitarlle ao alumnado que asine unha folla tanto á entrada como á saída.

- Ata un 20% das clases poderán
desenvolverse mediante charlas, conferencias, asistencia a seminarios
que non teñen por que coincidir co horario habitual das clases,
pero que será necesaria a asistencia para alumnado considerado como
presencial. En todo caso, o contido das charlas formará
parte da proba de avaliación para ambas modalidades de asistencia.

- O alumnado poderá xustificar as súas faltas de asistencia.

ALUMNADO NON ASISTENTE: O alumnado que non forme parte de ningún grupo, non realice as prácticas correspondentes (traballos tutelados) ou non asista regularmente ás clases, considerase alumnado non asistente.

- O alumnado non asistente terá que presentar as prácticas desenvolvidas durante o cuadrimestre. Cada unha das prácticas deberá constar de:

* Instrucións da práctica.

* Desenvolvemento da práctica.

* Valoración persoal con respecto á práctica profesional: aplicacións prácticas dos contidos da práctica desenvolvida ao mundo da educación infantil, qué aprendín con esta práctica para o meu futuro profesional,...

* Apreciacións persoais sobre as titorías realizadas: en concreto (indicar se se acudiu a algunha titoría, momento e lugar da dita titoría para o desenvolvemento de cada práctica, desenvolvemento do proceso de titoría e decisións persoais tomadas con respecto á orientación facilitada por parte do profesorado) e en xeral (adecuación do horario de titorías, trato recibido, valoración xeral).

* Valoración da temporalización do desenvolvemento da práctica.

* Outros aspectos: materiais elaborados a maiores polo alumnado co fin de completar os contidos, referencias bibliográficas ou webs consultadas,...

Recoméndanse os envíos dos traballos telemáticamente e de non ser
posible, non utilizar plásticos, elixir a impresión a dobre cara,
empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese
ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos
valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

- O prazo
máximo de entrega será a semana seguinte de finalizar as clases.

NOTA: A UDC regula a matrícula de estudantes a tempo parcial, criterios que tamén serán tidos en conta polo profesorado, polo que será necesario que o alumnado con este tipo de réxime de dedicación, o informe ao profesorado e concerten a maneira na que se desenvolverá o proceso de ensino-aprendizaxe.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes