Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Educación inclusiva e multicultural
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
- Situará estas tradicións na evolución das múltiples expresións históricas da mestizaxe, hibridación e porosidade transculturais, por unha banda, e por outra banda, o peche cultural mediante o racismo, o etnocentrismo, a dominanción lingüística, a xenofobia, o clasismo, o sexismo, a homofobia e outras expresións de discriminación, opresión e marxinación, até o actual momento histórico do mundo globalizado. A1
A13
B3
B17
B20
C6
C8
O alumnado: - Familiarizarase coas das diversas tradicións intelectuais da Educación Inclusiva e Multicultural, e os aspectos máis relevantes destes campos de investigación para a etapa de Educación Infantil, ao entrar en contacto coas fontes bibliográficas, audiovisuais e informativas fundamentais. A8
A28
B11
- Comprenderá que a Educación Inclusiva e Multicultural supón un corpo de coñecementos inacabados, mutábeis, e continuamente negociados, non un paradigma pechado ou monolítico, polo que debe derivar no desenvolvemento dun xuízo (ou disposición) profesional flexíbel e crítico. A19
A26
B16
- Apreciará a importancia tanto profesional como social dos aspectos ético-axiolóxicos da Educación Inclusiva e Multicultural para a etapa de Educación Infantil, ao desenvolver actitudes á vez críticas e solidarias fronte á diversidade humana nas comunidades educativas, e ao adquirir e fomentar valores tanto universais como particulares relacionados con: a empatía, o respecto, a dignidade humana e os dereitos humanos, o apoio mutuo, a reciprocidade, a colaboración, a inclusión dos excluídos, a participación igualitaria e democráticas na vida pública do centro. A14
A21
A32
C4
- Comprenderá, analízará e avaliará os principais contidos, recursos, estratexias e ámbitos de intervención abordados desde a Educación Inclusiva e Multicultural: contidos culturalmente inclusivos e interculturais, a organización democrática da aula e do centro, a inclusión e promoción das perspectivas e voces minoritarias e/ou desfavorecidas socialmente, a análise crítica dos documentos e medios de comunicación-aprendizaxe. A12
B24
- Iniciarase na aplicación crítica dos coñecementos pedagóxicos e das principais estratexias e recursos didácticos (curriculares, metodolóxicos, organizativos e dinamizadores) desenvolvidos desde a Educación Inclusiva e Multicultural para a etapa de Educación Infantil. A5
A9
B5
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes