Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Educación inclusiva e multicultural
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O alumnado: -situará estas tradicións na evolución das múltiples expresións históricas da mestizaxe, hibridación e porosidade transculturais, por unha banda; e por outra banda, tratará o peche cultural que supón o racismo, o etnocentrismo, a dominación lingüística, a xenofobia, o clasismo, o sexismo, a homofobia e outras expresións de discriminación, opresión e marxinación, até o actual momento histórico do mundo globalizado. A1
A13
B3
B17
B20
C6
C8
-familiarizarase coas diversas tradicións intelectuais da Educación Inclusiva e Multicultural e cos aspectos destes campos de investigación máis relevantes para a etapa de Educación Infantil, ao entrar en contacto coas fontes bibliográficas, audiovisuais e informativas fundamentais. A8
A28
B11
-comprenderá que a Educación Inclusiva e Multicultural supón un corpus de coñecementos inacabados, mutables e continuamente negociados, e non un paradigma pechado ou monolítico, polo que debe derivar no desenvolvemento dun xuízo (ou disposición) profesional flexible e crítico. A19
A26
B16
- apreciará a importancia tanto profesional como social dos aspectos ético-axiolóxicos da Educación Inclusiva e Multicultural para a etapa de Educación Infantil, ao desenvolver actitudes á vez críticas e solidarias fronte á diversidade humana nas comunidades educativas, e ao adquirir e fomentar valores tanto universais como particulares relacionados coa empatía, o respecto, a dignidade humana e os dereitos humanos, o apoio mutuo, a reciprocidade, a colaboración, a inclusión dos excluídos, e a participación igualitaria e democrática na vida pública do centro. A14
A21
A32
C4
- comprenderá, analizará e avaliará os principais contidos, recursos, estratexias e ámbitos de intervención abordados desde a Educación Inclusiva e Multicultural: contidos culturalmente inclusivos e interculturais; a organización democrática da aula e do centro; a inclusión e promoción das perspectivas e voces minoritarias e/ou desfavorecidas socialmente, e a análise crítica dos documentos e medios de comunicación-aprendizaxe. A12
B24
- iniciarase na aplicación crítica dos coñecementos pedagóxicos e das principais estratexias e recursos didácticos (curriculares, metodolóxicos, organizativos e dinamizadores) desenvolvidos desde a Educación Inclusiva e Multicultural para a etapa de Educación Infantil. A5
A9
B5
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes