Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Educación inclusiva e multicultural
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Os traballos tutelados (ver descrición abaixo) e as actividades puntuais que se levan a cabo nas clases interactivas
Lecturas Lecturas obrigatorias que se realizan fóra da aula e que se poden clarificar durante as clases expositivas, e lecturas adicionais que apoian a información presentada nas clases expositivas e que forman a base bibliográfica para os traballos.
Sesión maxistral Exploracións e explicacións baseadas tanto nas lecturas básicas da materia como noutras que complementan e enriquecen as básicas
Presentaranse en formato virtual, e dispoñibles na plataforma Moodle.
Discusión dirixida Respostas a cuestións específicas establecidas nas clases interactivas, que se elabora de forma colectiva nos grupos de traballo (de 3-5) por medio dunha serie de tarefas na Moodle. No seu conxunto, se forma un portafolio que da evidencias da aprendizaxe ao longo da materia. As datas limites serán especificadas no primeiro día de clase, xunto coas pautas para seguir co cumprimento de cada traballo.
Traballos tutelados Traballos colaborativos que se levan a cabo en grupos de 3-5 e que se entregan de forma escrita. As datas límites serán especificadas o primeiro día de clase, xunto coas pautas para realizar adecuadamente cada traballo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes