Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Organización e Avaliación de Institucións Educativas
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Presentación oral Exposición grupal dun guión/bosquexo do traballo tutelado, que terá lugar durante a semana anterior ao período non lectivo de Decembro-Xaneiro.
Traballos tutelados Realización en pequeno grupo dun traballo escrito, seguindo as orientacións dadas na aula e durante a presentación oral do guión do mesmo. Dito traballo consistirá na análise e relación de contidos abordados ao longo do cuadrimestre.

Recoméndase a entrega dos traballos impresos sen plásticos de encadernación, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir bosquexos (racuños/borradores).

Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

Para máis información sobre a elaboración e entrega do traballo escrito, véxase o espazo da materia na plataforma Moodle.
Proba mixta A proba mixta consistirá nun exame, sen material, composto por preguntas de resposta breve e preguntas de desenvolvemento. Pode requirirse, ademais, a realización dun esquema ou mapa conceptual.
Análise de fontes documentais Lectura e análise da documentación seleccionada como obrigatoria para traballar a materia.
Discusión dirixida Debates e posta en común, en pequeno, mediano ou grande grupo, dos contidos traballados ao longo do cuadrimestre. Estes debates versarán sobre o contido das fontes seleccionadas como material de traballo obrigatorio. Con carácter xeral, ese material deberá ser preparado fóra do horario de clase.
Aprendizaxe colaborativa Consistirá en dinámicas de grupos variadas, que se empregarán nos debates, na análise das fontes realizada en grupo, nos traballos tutelados e na presentación oral.
Sesión maxistral Exposición oral, por parte da docente, e con apoio de recursos audiovisuais, de contidos relacionados co temario da materia.
Simulación Técnica de dinámica de grupos que ten como obxectivo axudar a desenvolver a perspectiva social e a empatía mediante a representación de diferentes papeies dentro de situacións conflictivas onde intervieñen diferentes posturas que teñen que ser combinadas. Utilízase para traballar as relacións interpersonais, o comportamento, os valores e as atitudes.
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado. - No noso caso, procurarase organizar, xunto con outro profesorado do Grao, unha serie de obradoiros dirixidos por especialistas de diferentes pedagoxías aplicadas a contextos actuais da práctica educativa nos centros de Educación Infantil.
Estudo de casos Metodoloxía na que o suxeito é confrontado coa descrición dunha situación específica cun problema a ser entendida, valorada e determinada por un grupo de persoas a través dun proceso de discusión. O alumnado está perante un problema concreto que describe unha situación real de traballo, e debe ser capaz de analizar unha serie de eventos relativa a un determinado campo de coñecemento ou acción para dar unha resposta fundamentada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes