Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Subjects
  Organisation and Evaluation of Education Institutions
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A1 A4 A13 A21 A26 A27 A29 A30 A31 B2 B3 B5 B6 B7 B10 B11 B12 C4 C6 --------------------------------------------------
Para avaliar o traballo escrito teranse en conta os aspectos a seguir:

• Calidade da participación na preparación desta actividade (10%).

• Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva, corrección gramatical e formas correctas de fundamentar (de referenciar, citar e compór a bibliografía) (30%).

• Contido: comprensión das ideas básicas, dominio conceptual, uso dos contidos traballados ao longo do cuadrimestre, relacións entre eles (capacidade analítica e de síntese), creatividade e innovación nas propostas, calidade da participación na preparación desta actividade, e grao de fundamentación das fontes (referencias bibliográficas e bibliografía final) (60%).

Para máis información sobre o traballo e o período de entrega, véxase o espazo da materia en Moodle.
-------------------------------------------------
40
Mixed objective/subjective test A4 A13 A27 A31 A62 B1 B2 B3 B7 B9 B10 B11 B12 B22 C4 C6 C7 -------------------------------------------------
Na proba mixta especificarase o peso de cada pregunta.

Nas preguntas de resposta breve teranse en conta a pertinencia e precisión da resposta, a claridade conceptual, e a corrección gramatical.

Nas preguntas de desenvolvemento teranse en conta a pertinencia e organización do contido, o dominio conceptual, a conexión entre ideas, a claridade expositiva, e a corrección gramatical.
-------------------------------------------------
50
Oral presentation A4 A13 A27 A31 B3 B5 B6 B7 B11 B12 B17 C4 --------------------------------------------------
A presentación oral *individual* valerá o 2% da cualificación final e consistirá na calidade e cantidade de participación nas sesións de aula.

A presentación oral *grupal* valerá o 8% da cualificación final e consistirá na presentación en micro-grupo, na sesión interactiva, do guión do traballo tutelado en vías de desenvolvemento. Participarán todas as/os integrantes do micro-grupo.

Todas as presentacións grupais terán lugar durante as semanas anteriores ao período non lectivo de decembro-xaneiro. Para as mesmas, valoraranse os aspectos a seguir:

• Calidade da participación na preparación desta actividade.
• Relevancia e organización dos contidos expostos.
• Coordenación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
• Nivel de comprensión dos contidos básicos.
• Capacidade analítica e de síntese.
• Claridade expositiva.
• Creatividade e innovación nas propostas.
---------------------------------------------------
10
 
Assessment comments

XERAL: Para aprobar a materia será necesario obter, como mínimo, unha puntuación de 5 (de 10) e asistir a clase polo menos o 80% do horario completo. Para que a presentación oral, o traballo tutelado grupal e a proba mixta entren no cómputo final, será necesario obter polo menos un 4 no exame final. Se non se obtén polo menos un 5 no traballo, o exame pasará a pesar o 100%. Se non se obtén polo menos un 4 no exame, a cualificación final na primeira oportunidade será a do exame (máis información sobre a segunda oportunidade e a non asistencia, máis abaixo).

IMPORTANTE-1: En caso de cometer un plaxio, ou de realizar de xeito fraudulento as probas ou outras actividades de avaliación, a cualificación final será de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta: o/a estudante será cualificado/a
con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. De ser necesario, procederase a modificar a súa
cualificación na acta da primeira ou da segunda oportunidade.

IMPORTANTE-2: O traballo grupal (oral e escrito) está pensado para subir a nota individual do exame; non para baixala. É dicir, se a presentación oral e o traballo grupal obteñen, conxuntamente, unha puntuación menor da do exame, a cualificación final basearase na puntuación do exame individual. Pero se a presentación oral e o traballo grupal obteñen, conxuntamente, unha puntuación igual ou maior que a do exame, as tres puntuacións entrarán no cómputo da cualificación final. Deste xeito, o traballo grupal non pode prexudicar o traballo individual.

A  presentación oral e o traballo tutelado non se poden recuperar despois da primeira oportunidade de avaliación porque son actividades elaboradas a través da asistencia a clase e en grupo.

SEGUNDA OPORTUNIDADE: Quen non obteña a mínima puntuación no exame da 1ª oportunidade terá que presentarse tamén ao exame de xullo (da 2ª oportunidade) para superar a materia. Neste caso, o exame da 2ª oportunidade terá a mesma porcentaxe de peso que tivo a actividade previamente suspensa. É dicir, se conserverán as puntuacións das demais actividades aprobadas durante a 1ª oportunidade (con 4 ou máis puntos) para facer o cómputo da cualificación final da 2ª oportunidade. En caso de non ter superado as outras actividades de avaliación (presentación oral do traballo grupal tutelado e traballo grupal final escrito), o exame valerá o 100% da nota final.

NON ASISTENCIA E DISPENSA: Quen teña dispensa académica, ou quen non asista coa debida regularidade, terá que poñerse en contacto co/a profesor/a en cuestión e, para superar a materia, realizará o exame final, que lle valerá o 100% da cualificación final. Excepcionalmente, a/o profesor/a poderá permitir que a/o estudante en cuestión participe dalgún modo nas outras actividades de avaliación. En tal caso, ponderará o valor do exame final en función do grao e da calidade de participación nas demais actividades da materia.

IGUALDADE EN PERSPECTIVA DE XÉNERO: Segundo se recolle nas
distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria,
incorporarase a perspectiva de xénero nesta materia: usarase linguaxe
non-sexista; utilizarase bibliografía de autoría de ambos sexos;
propiciarase a intervención igualitaria de alumnas e alumnos nas sesións
de aula; traballarase para identificar e modificar prexuízos e
actitudes sexistas; e influirase na contorna para modificar ditos
procesos discriminatorios e fomentar valores de respecto e igualdade,
dentificando posíbeis situacións de discriminación por razón de xénero e
propoñendo accións e medidas para corrixilas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes