Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Organización e Avaliación de Institucións Educativas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A4 A13 A21 A26 A27 A29 A30 A31 B2 B3 B5 B6 B7 B10 B11 B12 C4 C6 --------------------------------------------------
Para avaliar o traballo escrito teranse en conta os aspectos a seguir:

• Calidade da participación na preparación desta actividade (10%).

• Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva, corrección gramatical e formas correctas de fundamentar (de referenciar, citar e compór a bibliografía) (30%).

• Contido: comprensión das ideas básicas, dominio conceptual, uso dos contidos traballados ao longo do cuadrimestre, relacións entre eles (capacidade analítica e de síntese), creatividade e innovación nas propostas, calidade da participación na preparación desta actividade, e grao de fundamentación das fontes (referencias bibliográficas e bibliografía final) (60%).

Para máis información sobre o traballo e o período de entrega, véxase o espazo da materia en Moodle.
-------------------------------------------------
40
Proba mixta A4 A13 A27 A31 A62 B1 B2 B3 B7 B9 B10 B11 B12 B22 C4 C6 C7 -------------------------------------------------
Na proba mixta especificarase o peso de cada pregunta.

Nas preguntas de resposta breve teranse en conta a pertinencia e precisión da resposta, a claridade conceptual, e a corrección gramatical.

Nas preguntas de desenvolvemento teranse en conta a pertinencia e organización do contido, o dominio conceptual, a conexión entre ideas, a claridade expositiva, e a corrección gramatical.
-------------------------------------------------
50
Presentación oral A4 A13 A27 A31 B3 B5 B6 B7 B11 B12 B17 C4 --------------------------------------------------
A presentación oral *individual* valerá o 2% da cualificación final e consistirá na calidade e cantidade de participación nas sesións de aula.

A presentación oral *grupal* valerá o 8% da cualificación final e consistirá na presentación en micro-grupo, na sesión interactiva, do guión do traballo tutelado en vías de desenvolvemento. Participarán todas as/os integrantes do micro-grupo.

Todas as presentacións grupais terán lugar durante as semanas anteriores ao período non lectivo de decembro-xaneiro. Para as mesmas, valoraranse os aspectos a seguir:

• Calidade da participación na preparación desta actividade.
• Relevancia e organización dos contidos expostos.
• Coordenación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
• Nivel de comprensión dos contidos básicos.
• Capacidade analítica e de síntese.
• Claridade expositiva.
• Creatividade e innovación nas propostas.
---------------------------------------------------
10
 
Observacións avaliación

XERAL: Para aprobar a materia será necesario obter, como mínimo, unha puntuación de 5 (de 10) e asistir a clase polo menos o 80% do horario completo. Para que a presentación oral, o traballo tutelado grupal e a proba mixta entren no cómputo final, será necesario obter polo menos un 4 no exame final. Se non se obtén polo menos un 5 no traballo, o exame pasará a pesar o 100%. Se non se obtén polo menos un 4 no exame, a cualificación final na primeira oportunidade será a do exame (máis información sobre a segunda oportunidade e a non asistencia, máis abaixo).

IMPORTANTE: O traballo grupal (oral e escrito) está pensado para subir a nota individual do exame; non para baixala. É dicir, se a presentación oral e o traballo grupal obteñen, conxuntamente, unha puntuación menor da do exame, a cualificación final basearase na puntuación do exame individual. Pero se a presentación oral e o traballo grupal obteñen, conxuntamente, unha puntuación igual ou maior que a do exame, as tres puntuacións entrarán no cómputo da cualificación final. Deste xeito, o traballo grupal non pode prexudicar o traballo individual.

A  presentación oral e o traballo tutelado non se poden recuperar despois da primeira oportunidade de avaliación porque son actividades elaboradas a través da asistencia a clase e en grupo. En todo caso, a profesor/a poderá permitir que a/o estudante en cuestión faga unha tarefa adicional para acompañar o exame da segunda oportunidade. Neste caso, a tarefa adicional valerá o 50% da cualificación final e o exame o outro 50%.

SEGUNDA OPORTUNIDADE: Quen non obteña a mínima puntuación no exame da 1ª oportunidade terá que presentarse tamén ao exame de xullo (da 2ª oportunidade) para superar a materia. Neste caso, o exame da 2ª oportunidade terá a mesma porcentaxe de peso que tivo a actividade previamente suspensa. É dicir, se conserverán as puntuacións das demais actividades aprobadas durante a 1ª oportunidade (con 4 ou máis puntos) para facer o cómputo da cualificación final da 2ª oportunidade.

NON ASISTENCIA: Quen non asista coa debida regularidade terá que poñerse en contacto coa profesora en cuestión e, para superar a materia, realizará o exame final, que lle valerá o 100% da cualificación final. Excepcionalmente, a profesora poderá permitir que a/o estudante en cuestión participe dalgún modo nas outras actividades de avaliación. En tal caso, ponderará o valor do exame final en función do grao e da calidade de participación nas demais actividades da materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes