Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Deseño de ambientes de aprendizaxe, materiais e recursos didácticos
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Deseño de ambientes de aprendizaxe, materiais e recursos didácticos Código 652G01013
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Sanchez Blanco, Concepcion
Correo electrónico
concepcion.sanchez.blanco@udc.es
Profesorado
Sanchez Blanco, Concepcion
Correo electrónico
concepcion.sanchez.blanco@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia persegue que os futuros docentes de Educación Infantil tomen conciencia acerca dos valores nos que foron e están a ser socializados acerca da docencia, sendo capaz de discutir críticamente respecto diso para que a partir de tales discusións e a utilización crítica das fontes de información poidan deseñar e desenvolver ambientes de ensino aprendizaxe, elixir recursos e materiais adecuados, xerando prácticas críticas en relación a estes para unha educación infantil apoiada sobre a necesidade de construír unha sociedade cada vez máis xusta e capaz de facer autocrítica das súas prácticas.
Plan de continxencia Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios nos contidos da materia. 2. Metodoloxías Metodoloxías docentes que se manteñen: - Sesión maxistral -Discusión dirixida -Estudo de casos -Seminario - Lecturas - Traballos tutelados (computa na avaliación) - Proba de ensaio individual (computa na avaliación). Poderá ser substituída por unha proba de pregunta curta ou de opción múltiple, se as circunstancias así o requiren. - Atención personalizada Metodoloxías docentes que se modifican - As clases expositivas serán virtuais. As clases interactivas aínda sendo presenciais, poderían pasar a virtuais no caso de que as circunstancias así o requirisen. No caso de realizarse presentacións orais por parte do alumnado estás tamén poderán ser virtuais, se así se estimase necesario. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico utilizado para a resolución de dúbidas e atención telefónica se se estimase necesario. - Moodle: contará con materiais subidos que faciliten o desenvolvemento das competencias correspondentes a esta materia. As clases expositivas gravadas será subidas. Publicaranse as indicacións correspondentes para o desenvolvemento de traballos tutelados en formato artigo e as condicións necesarias para a superación da materia. Poderán existir foros asociados á materia no caso de precisarse. - Teams: Desenvolveranse as sesións semanais correspondentes en gran grupo no horario para o avance de contidos teóricos e conforme ao calendario da Facultade. - Haberá sesións individualizadas e/ou grupales en horario de tutorías para resolver dúbidas relativas á materia. O correo electrónico e o teléfono tamén poderán ser utilizados. 4. Modificacións na avaliación As metodoloxías que se terán en conta para a configuración da nota final serán: Traballos tutelados sintetizado en formato artigo (50%). Mantense esta metodoloxía nas mesmas condicións que se establecen na guía docente da materia. A proba ensaio individual (50%). Poderá ser substituída por unha de pregunta curta ou de opción múltiple se a circunstancia así o aconsellasen. Mantéñense as mesmas condicións indicadas na guía docente da materia, tanto para o alumno/a presencial como non presencial. Observacións de avaliación: Mantéñense os mesmos criterios que na guía docente cos seguintes matices: - O cálculo de asistencia só efectuarase con respecto ás sesións presenciais realizadas no caso de que estas poidan realizarse. - Os estudantes que non cumpran con este criterio de asistencia, así como os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica da exención de asistencia, que fagan uso de dita dispensa, serán avaliados mediante a realización do traballo tutelado sintetizado en formato artigo previamente acordado coa docente y que computará o 50% da cualificación final e, mediante a realización da proba individual específica que computará o 50% restante. Na segunda oportunidade realizaranse as transformacións e/ou ampliacións pertinentes no traballo tutelado formato artigo e/ou se volverá a realizar a proba individual. Para aprobar a materia é necesario ter aprobadas ambas partes. 5. Modificacións á bibliografía ou webgrafía Para a realización de traballos tutelados con formato artigo aconséllase o uso de documentos electrónicos, dadas as circunstancias. Os libros obrigatorios da materia seguirán sendo os mesmos que foron traballados o curso anterior.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes