Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Deseño de ambientes de aprendizaxe, materiais e recursos didácticos
   Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición

A realización dos traballos monográficos grupales esixirá de períodos de tempo de traballo presencial co docente e os compañeiros e compañeiras, e implicarán unha participación obrigatoria por parte dos estudantes nas clases maxistrais e interactivas. Será a dinámica de desenvolvemento destes proxectos e en xeral, o plan de traballo da materia, os elementos que configuren tales períodos. A cualificación virá configurada polo resultado do traballo tutorizado grupal e un exame específico que incorporará un conxunto de lecturas de curso e de cuestións relacionadas coas clases e os traballos grupales. A porcentaxe que un estudante queda dispensado de asistencia será dun quince por cento. De producirse tal porcentaxe a efectos de avaliación desta materia pasará a ser considerado como de dedicación a tempo parcial.
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia deberá contactar coa profesora ao longo das tres primeiras semanas do comezo do cuadrimestre, co fin de poder obter as orientacións pertinentes para poder conseguir unha avaliación positiva no desenvolvemento da materia de Deseño de ambientes de aprendizaxe, materiais e recursos didácticos. Estes estudantes deberán realizar un conxunto de lecturas que lle serán indicadas nesa primeira titoría, a realización dun exame específico para o caso de que se trata e a realización dun traballo monográfico individual que expoñerá e entregará no tempo fixado para iso. As tutorías serán utilizadas para resolver as dúbidas.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes