Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Educación matemática
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A33 A40 B1 Proba escrita presencial. Valoraranse as respostas concretas e precisas, o grao de corrección segundo o pedido en cada pregunta, e a claridade na exposición. Engloba contidos das prácticas de laboratorio, das lecturas e da sesión maxistral. Serán probas individuais. 40
Prácticas de laboratorio A35 B2 B5 B10 C7 Valorarase a solidez da argumentación, a claridade e precisión das respostas, a capacidade de comunicación, a solidez teórica das propostas e a actitude 20
Presentación oral A41 B5 B21 C1 C2 C3 C4 Valorarase a claridade, a capacidade de síntese e selección dos contidos máis relevantes, a habilidade para presentar a información e a comunicación de resultados e conclusións. Tamén se valorará o uso axeitado das TICs 15
Traballos tutelados A36 A39 B1 B4 B5 B9 B25 C8 Valorarase o grado de consecución dos obxectivos cumprindo as directrices docentes, o rigor, a argumentación, a profundidade da análise das situacións propostas, e a claridade da exposición. Realizaranse en grupo e expoñerase na aula nas últimas semanas do curso. 25
 
Observacións avaliación

Segundo a participación do alumnado na materia, hai dúas opcións para facer a avaliación:

Opción A. 

Alumnado que asiste e participa no 80% das sesións interactivas: A cualificación final será consecuencia dos resultados obtidos nos seguintes apartados: (1) Prácticas de laboratorio: 20%;  (2) Proba mixta: 40%; (3) Traballo tutelado (25%) + Presentación oral (10%):  40% entre todas as partes.

Na parte (3), considéranse conxuntamente as metodoloxías indicadas, coas porcentaxes sobre a cualificación global indicadas entre paréntese, que suman un 40% en total para esta parte. Presentarase un informe escrito e realizarase unha presentación na aula, combinando o uso de ecursos TIC con exposición oral.

Cada  apartado será cualificado nunha escala de 0 a 10. As prácticas de laboratorio avaliadas ás que non se asista serán cualificadas con 0 no cómputo da media deste apartado. Para superar a materia cómpre acadar un mínimo de 5 sobre 10 en cada un dos tres apartados anteriores. Nese caso, a cualificación total final será a media ponderada destes tres apartados segundo as porcentaxes antes indicadas.

En caso de non superar algún dos apartados, a cualificación final será a de suspenso, coa nota correspondente á media ponderada dos apartados non superados. Na 2ª oportunidade recuperaranse só aqueles apartados suspensos na 1ª, e a cualificación final calcularase de xeito análogo. Isto é, coa media ponderada seguindo as mesmas porcentaxes no caso de ter superados os 3 apartados, sendo a nota numérica a media ponderada dos non superados se hai máis de un, en caso contrario. 

Opción B. 

Alumnado que non asiste ou non participa no 80% das sesións interactivas: Neste caso a avaliación non será como no caso anterior, senón que a proba mixta constituirá o 100% da cualificación final. Non obstante, este alumnado pode optar, se o prefire, por se integrar nalgún grupo de traballo, formado indiferentemente por alumnado asistente ou non asistente, e realizar o traballo tutelado (ou o ApS se o desexa e é posíbel). Neste caso, a cualificación do traballo tutelado (ou ApS) constituiría o 20% da nota final e a proba mixta final o 80%, sempre e cando ambas partes teñan unha cualificación non inferior a 5 sobre 10. En caso contrario, a nota final será a correspondente á parte suspensa. 

Na 2ª oportunidade recuperaranse só aqueles apartados suspensos na 1ª, e a cualificación final calcularase de xeito análogo. Isto é, coa media ponderada seguindo as mesmas porcentaxes no caso de ter superados os 3 apartados, e coa nota correspondente á media ponderada dos apartados non superados en caso contrario. 

Con carácter xeral para todo o alumnado: Cada estudante debe colocar no seu perfil de usuario de Moodle unha foto que o identifique. As faltas de ortografía nos traballos e materiais presentados reducirán a puntuación final.  

O alumnado con dispensa académica de exención de asistencia concedida oficialmente pola UDC será avaliado a través da opción B, aínda 

Nos traballos de avaliación que se entreguen os contidos deben estar apropiadamente referenciados ao longo do traballo e no apartado de referencias usando certas normas. O texto literal debe declararse usando ditas normas. No parafraseado deben figurar as fontes orixinais das ideas que se reelaboran. A presencia de fontes científicas no traballo é un signo de credibilidade que é un requisito imprescindible para demostrar a excelencia académica. Recoméndase consultar:https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/apoio_investigacion/servizos_apoio/index.html 

Tense que evitar o plaxio. Aplicarase a modificación do artigo 11, apartado 4 b), do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, aprobada en Consello de Goberno, segundo o cal as citas e as referencias a calquera texto debe declararse, e o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar a fonte, implica:

"Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario."


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes