Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Didáctica da lingua galega
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe servizo A19 A23 A48 A59 A60 A62 A63 B4 B5 B6 B8 B15 B19 B22 B23 B24 A actividade realizarase en grupo e componse de:
- O deseño dunha proposta didáctica arredor da literatura de tradición oral e a súa aplicación nunha aula de Educación Infantil. A práctica gravarase en vídeo para a súa posterior presentación na aula e posterior debate co resto dos grupos. (30% da cualificación)
- Un traballo de reflexión sobre o proceso de deseño e aplicación da proposta didáctica. Valorarase a capacidade de observación e de autocrítica, así como a integración dos coñecementos adquiridos no conxunto da materia. Terase especialmente en conta a claridade expositiva e a corrección expresiva. (20% da cualificación).
50
Portafolios do alumno A31 A42 A43 A44 A45 A48 A63 B1 B3 B4 B9 B10 B11 B12 B19 B25 C1 C3 C7 O portafolios realizarase de xeito programado co desenvolvemento da materia e incluirá aquelas actividades que a docente indique ao alumnado e que este deberá realizar en tempo e forma para poder ser avaliadas empregando a avaliación continua. A finalidade última é a de facer un seguimento da aprendizaxe do/da alumno/a a medida que se vai desenvolvendo a materia para que este/esta sexa consciente dos seus avances no proceso de ensino-aprendizaxe. 40
Obradoiro A29 A40 A44 A49 A50 B2 B5 B7 B12 B16 B17 B18 B19 B22 C1 C4 Resolución de tarefas prácticas a través de diversas metodoloxías (exposicións, simulacións, debates, prácticas guiadas, etc.), co apoio e supervisión do profesorado. 10
 
Observacións avaliación

Requisitos

O alumnado debe ser capaz de se expresar correctamente en lingua galega,
tanto oralmente como por escrito. O dominio destas destrezas é
preceptivo para aprobar a materia.

Modalidades de avaliación

Estabelécense tres modalidades de avaliación:

1. Para as persoas que formen grupo (constituído por un mínimo de catro persoas) e asistan regularmente ás clases:

  • unha tarefa colaborativa: a actividade de aprendizaxe servizo, dividida á súa vez no deseño e aplicación da proposta didáctica (30% da cualificación) e no traballo de reflexión (20% da cualificación);
  • unha tarefa individual: un portafolios individual onde o/a alumno/a irá recollendo todas as actividades propostas pola docente na aula e fóra desta para o seu seguimento e revisión, así como a súa posterior cualificación (40% da cualificación).
  • asistencia e participación nos obradoiros programados, o que implica asistencia a un 80% das sesións para acadar a puntuación mínima (máx. 10% da cualificación).

Para superar a materia é preciso ter aprobadas todas as probas. As persoas que concorran á oportunidade de xullo só repetirán as partes suspensas.

O traballo colaborativo é fundamental nesta modalidade de avaliación, polo que se debe asistir a un mínimo do 80% das sesións interactivas; así pois, a docente fará un seguimento de asistencia.

2. Para as persoas con recoñecemento de dispensa académica:

  • unha tarefa individual: un portafolios individual onde o/a alumno/a irá recollendo todas as actividades propostas pola docente para o seu seguimento e revisión, así como a súa posterior cualificación (35% da cualificación).
  • unha proba de ensaio extensa (45% da cualificación).
  • unha proba oral (20%) para a que será convocada/o a/o estudante en tempo e forma axeitados e coincidirá coa data do exame oficial da materia.
  • Deberá poñelo en coñecemento da docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o recoñecemento.
  • Terán que realizar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e entregalos nas datas establecidas pola docente. 
  • Se non se cumpre a entrega na data sinalada considerarase que dita/o estudante opta pola modalidade 3) de avaliación.
  • A cualificación será a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante o curso e da nota da proba realizada na data do calendario oficial de exames, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para poder superar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeira oportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas (actividades/traballos e/ou proba).

3. Para as persoas que non formen grupo ou non asistan regularmente ás clases:

  • unha proba de ensaio extensa (75% da cualificación).
  • unha proba oral (25%) para a que será convocada/o a/o estudante en tempo e forma axeitados.

Entrega dos traballos

Os traballos ou tarefas propostas entregaranse en formato dixital a través do campus virtual ou dos medios telemáticos sinalados pola docente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes