Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Subjects
  Orientation and Tutorials
   Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Coas actividades iniciais identificaranse os coñecementos previos que os estudantes posúen da materia e presentarase a mesma.
Guest lecture / keynote speech A través das sesións expositivas, as profesoras explicarán os diferentes temas e conceptos incluidos neles para a súa mellor comprensión (vídeos, presentacións autoexplicativas,...).
Events academic / information Tentarase que os estudantes asistan/visualicen e participen (na medida do posible) en xornadas ou seminarios que aborden algunha temática tratada na materia. Pediráselles un informe do que aprendesen.
Workbook Os estudantes realizarán unha serie de lecturas sobre diferentes temáticas para profundar sobre determinados aspectos.
Simulation O alumnado deberá actuar como titores/as ante diversas situacións nas que se traballarán as relacións interpersoais, o comportamento, as actitudes e os valores.
Long answer / essay questions Proba asíncrona na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Permite medir a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
Oral presentation Os estudantes deberán facer unha presentación oral dalgunha temática traballada.
Objective test Ao longo do transcurso da materia o alumnado realizará diferentes probas escritas (de maneira virtual) para a avaliación continua do seu proceso de adquisición da aprendizaxe.
ICT practicals Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico (demostracións, simulacións, etc.) a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías da información e a comunicación.
Collaborative learning Organizaranse, en clase, pequenos grupos de estudantes nos que se traballará conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e o dos outros membros do grupo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes