Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Orientación e titoría
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Coas actividades iniciais identificaranse os coñecementos previos que os estudantes posúen da materia e presentarase a mesma.
Sesión maxistral A través das sesións expositivas, as profesoras explicarán os diferentes temas e conceptos incluidos neles para a súa mellor comprensión (vídeos, presentacións autoexplicativas,...).
Eventos científicos e/ou divulgativos Tentarase que os estudantes asistan/visualicen e participen (na medida do posible) en xornadas ou seminarios que aborden algunha temática tratada na materia. Pediráselles un informe do que aprendesen.
Lecturas Os estudantes realizarán unha serie de lecturas sobre diferentes temáticas para profundar sobre determinados aspectos.
Simulación O alumnado deberá actuar como titores/as ante diversas situacións nas que se traballarán as relacións interpersoais, o comportamento, as actitudes e os valores.
Proba de ensaio Proba asíncrona na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Permite medir a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
Presentación oral Os estudantes deberán facer unha presentación oral dalgunha temática traballada.
Proba obxectiva Ao longo do transcurso da materia o alumnado realizará diferentes probas escritas (de maneira virtual) para a avaliación continua do seu proceso de adquisición da aprendizaxe.
Prácticas a través de TIC Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico (demostracións, simulacións, etc.) a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías da información e a comunicación.
Aprendizaxe colaborativa Organizaranse, en clase, pequenos grupos de estudantes nos que se traballará conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e o dos outros membros do grupo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes