Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Orientación e titoría
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de ensaio A8 A11 A12 A32 B2 B22 C6 Proba/s asíncrona/s na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Permite medir a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. 30
Simulación A10 A32 B6 Valorarase a representación preparada en grupo e tutorizada pola profesora da materia. 15
Presentación oral A10 A11 A12 A22 A32 B2 B5 B6 B11 B12 B15 B22 C3 C6 Valoraranse os coñecementos adquiridos, as habilidades para expoñelos publicamente e o uso das novas tecnoloxías. 25
Prácticas a través de TIC A22 B11 B14 C3 Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico (demostracións, simulacións, etc.) a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías da información e a comunicación. 15
Proba obxectiva A8 A11 Ao longo do transcurso da materia o alumnado realizará diferentes probas escritas (de maneira virtual) para a avaliación continua do seu proceso de adquisición da aprendizaxe. 15
 
Observacións avaliación

Para o alumnado que por motivos xustificados non poda asistir, se manterá o mesmo sistema de avaliación, polo que deberá estar pendente das actividades plantexadas e das datas de entrega das mesmas.

É por iso que o alumnado baixo esta modalidade deberá comunicalo nas dúas primeiras sesións do cuadrimestre mediante unha titoría coas docentes.

As metodoloxías que se teñan aprobadas na primeira oportunidade só se gardarán para a segunda oportunidade (xullo) do ano  en curso . 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes