Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Orientación e titoría
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de ensaio A8 A11 A12 A32 B2 B22 C6 Proba/s asíncrona/s na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Permite medir a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do/a estudante polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. 15
Simulación A10 A32 B6 Valorarase a representación preparada en grupo e tutorizada pola profesora da materia. 15
Presentación oral A10 A11 A12 A22 A32 B2 B5 B6 B11 B12 B15 B22 C3 C6 Valoraranse os coñecementos adquiridos, as habilidades para expoñelos publicamente e o uso das novas tecnoloxías. 25
Investigación (Proxecto de investigación) A22 B11 B14 C3 C5 Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico a teoría dun ámbito de coñecemento. 30
Proba obxectiva A8 A11 Ao longo do transcurso da materia o alumnado realizará dúas probas escritas para a avaliación continua do seu proceso de adquisición da aprendizaxe. 15
 
Observacións avaliación

Atendendo as Normas de Avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario a materia aposta pola avaliación continua e as metodoloxías activas de aprendizaxe. Para superar a materia o alumnado deberá acadar un 5 na calificación global da mesma.

Polo tanto, o día marcado no calendario oficial non se realizará ningún exame, xa que a avaliación continua terá rematado ao finalizar a docencia da materia.

O alumnado que durante o curso perda a condición de asistente (80% da presencialidade nas sesións interactivas) terá que realizar as actividades restantes de forma individualizada. 

Para o alumnado que por motivos xustificados non poda asistir (incluido o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia), se manterá o mesmo sistema de avaliación, polo que deberá estar pendente das actividades plantexadas e das datas de entrega das mesmas.

É obligatorio que o alumnado baixo esta modalidade (non asistente) o comunique nas dúas primeiras sesións do cuadrimestre mediante unha titoría coas docentes. 

A convocatoria de xullo estará destinada ao alumnado que ben no superase a materia ou ben que non se presentase.

  • No primeiro caso (alumnado que non superou a materia na convocatoria de xuño), realizará novamente as actividades de avaliación continua que non aprobou.
  • No segundo caso (alumnado non presentado) realizará todas as actividades de avaluación continua.

Nos dous casos é preciso entregar as actividades con data límite dúas semanas antes da data oficial do exame de xullo de 2024. Realizándose a proba obxectiva que supón un 15% da calificación total, na data oficial.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes