Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Subjects
  Spanish Language Teaching
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Identifying Data 2020/21
Subject (*) Spanish Language Teaching Code 652G01018
Study programme
Grao en Educación Infantil
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Second Obligatory 6
Language
Spanish
Teaching method Hybrid
Prerequisites
Department Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinador
Cano López, Pablo
E-mail
pablo.cano@udc.es
Lecturers
Cano López, Pablo
E-mail
pablo.cano@udc.es
Web http://www.educacion.udc.es/doc_profesor.php?id=203
General description Didáctica da lingua castelá (cód. 652G01018) é unha materia obrigatoria do 2º curso dos estudos do Grao en Educación Infantil. En colaboración con Didáctica da lingua galega (cód. 652G01015), contribúe a capacitar o/a futuro/a docente para perseguir e conseguir os obxectivos formativos propios da área de coñecemento «Linguaxes: comunicación e representación», terceira e derradeira das que constitúen o currículo da Educación Infantil. Apenas é necesario ponderar a importancia que a Didáctica da lingua reviste para quen aspira a exercer a profesión docente. Abondará con advertir que é proporcional á que para o/a neno/a encerra o pleno desenvolvemento das súas habilidades lingüísticas. Nacida como instrumento para a exteriorización das necesidades do organismo, a linguaxe medra no neno ata se transformar en porta de entrada a un mundo intelectual que se superpón ao mundo material en que os seres humanos asentamos os nosos pés. Os humanos non vivimos soamente no universo físico, senón tamén, como dixo o filósofo Ernst Cassirer, nun universo simbólico. O noso medio ambiente non está constituído de xeito exclusivo por obxectos físicos, senón tamén por obxectos culturais —se así se pode dicir— que «viven» na linguaxe, a aos que só podemos acceder por medio da linguaxe: os costumes, as leis, os mitos, as lendas, os saberes científicos... A non ser pola conquista da palabra, o/a neno/a viviría nun perpetuo desterro, por sempre á marxe de todas esas realidades especificamente humanas (ou, mellor dito, das dimensións especificamente humanas da realidade). O/a docente debe, como é obvio, acompañalo na súa loita; debe ser para el un modelo e un acicate. Ora ben, non pode cumprir ese papel se non está dotado da formación necesaria; de aí que a presenza da glotodidáctica nos estudos de Maxisterio sexa unha necesidade universalmente recoñecida. Logo destas consideracións preliminares (que poderían, de facto, encabezar a guía de calquera materia da área de didáctica da lingua), cabe xa detallar os obxectivos específicos de Didáctica da lingua castelá. A fin de non alongar en exceso a listaxe, sinalaranse soamente tres, cada un dos cales corresponde —como máis adiante se verá— a un bloque de contido: 1. Garantir que o alumnado posúe as ferramentas conceptuais necesarias para describir tanto os produtos da actividade verbal (isto é, os textos) como as habilidades que subxacen a toda manifestación de dita actividade (isto é, as competencias «gramatical», «sociolingüística», «discursiva» e «estratéxica»). 2. Ofrecer ao alumnado unha vista panorámica do proceso de adquisición da primeira lingua, con atención especial ás fases que se desenvolven entre o nacemento e os tres anos de idade (momento en que adoita producirse a incorporación dos/as nenos/as aos colexios, e que coincide con inicio do segundo ciclo da Educación Infantil). 3. Contribuír á preparación do alumnado para o desempeño dos seus futuros labores profesionais. Evidentemente, este obxectivo é común a todas as materias do plan de estudos do Grado, se ben cunha tradución diferentre en cada unha delas. No caso de «Didáctica de la Lengua Castellana», o que implica é: a) Iniciar o alumnado no coñecemento dos obxectivos que, segundo a lexislación sobre a Educación Infantil, corresponden á área de coñecemento «Linguaxes: comunicación e representación» (mellor dito: ao primeiro dos bloques en que tal área se divide, correspondente á chamada linguaxe verbal, é dicir, á linguaxe propiamente dita). b) Iniciar o alumnado no coñecemento dalgunhas das estratexias que cabe aplicar con vistas á consecución dos devanditos obxectivos, reparando tamén nos atrancos que poden xurdir durante a súa utilización, e dexergando posibles vías de solución.
Contingency plan 1. Modifications to the contents 2. Methodologies *Teaching methodologies that are maintained *Teaching methodologies that are modified 3. Mechanisms for personalized attention to students 4. Modifications in the evaluation *Evaluation observations: 5. Modifications to the bibliography or webgraphy
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes