Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Didáctica da lingua castelán
   Contidos
Temas Subtemas
1. A LINGUAXE, O FALAR E A LINGUA: BREVES REFLEXIÓNS ARREDOR DE TRES NOCIÓNS FUNDAMENTAIS 1.1. Comunicación e linguaxe: algunhas distincións básicas

1.2. Dous aspectos da linguaxe: o falar (actuación, isto é, o que o/a falante fai) e a lingua (competencia, isto é, o que o/a falante sabe).

1.3. Morfemas e fonemas: os «ladrillos» da lingua

1.4. Máis aló da competencia lingüística
1.4.1. O papel das competencias sociolingüística, discursiva e estratéxica na produción e comprensión da fala.
1.4.2. O texto e o contexto: como as circunstancias do discurso inflúen nos procesos de produción e comprensión.
2. OS PRIMEIROS PASOS NO CAMIÑO CARA AO DOMINIO DA LINGUA NATIVA (0-3 ANOS) 2.1. Que?, cando?, como? As grandes preguntas no eido dos estudos sobre o desenvolvemento lingüístico infantil

2.2. Feitos comprobados
2.2.1. A etapa prelingüística (0-9 meses, aprox.)
2.2.2. A aparición do signo (9-12 meses, aprox.)
2.2.3. A evolución do sistema fonemático (a partir dos 12 meses)
2.2.4. A evolución dos sistemas léxico e gramatical (a partir dos 12 meses)
2.2.5. O desenvolvemento das habilidades discursivas: a conversación e a narración

2.3. Cuestións abertas: a controversia sobre as achegas da herdanza e da crianza
2.3.1. A aproximación condutista: propostas de Charles E. Osgood e Burrhus F. Skinner.
2.3.2. A aproximación innatista de Noam Chomsky: o que é e o que non é
2.3.3. Alén de Chomsky (e de Osgood e Skinner): a superación da controversia entre condutismo e innatismo.
3. O DESENVOLVEMENTO DAS HABILIDADES LINGÜÍSTICAS NO SEGUNDO CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL (3-6 ANOS) 3.1. A oralidade
3.1.1. Caracteres distintivos da comunicación oral
3.1.2. Valoremos a oralidade nos seus xustos termos: presentación e crítica dos dogmas normativista e «espontaneísta»
3.1.3. A miraxe da «naturalidade»: necesidade de traballar a linguaxe oral nas aulas.
3.1.4. Algunhas pautas e estratexias para o cultivo da oralidade na escola infantil.

3.2. A lectoescritura
3.1.1. Caracteres distintivos da comunicación escrita
3.1.2. Orixe, desenvolvemento e natureza dos sistemas de escrita de carácter alfabético
3.1.3. O ensino da escrita onte: o conflito entre métodos analíticos e métodos sintéticos
3.1.4. O ensino da escrita hoxe: promesas e riscos do enfoque construtivista
3.1.4. Algunhas pautas e estratexias para o «cultivo» da escrita na escola infantil
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes