Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Didáctica da lingua castelán
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A40 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A49 A51 B7 B10 B11 B17 B19 B24 C1 C3 C6 C8 As tarefas realizadas nas sesións interactivas supoñerán un 10% da cualificación da materia; con outras palabras: a súa execución (e maila súa entrega, cando for o caso) achegará un punto, como máximo, á conta de resultados do estudante. 10
Proba obxectiva A42 A46 A47 A49 B11 Esta actividade suporá un 60% da cualificación; con outras palabras: achegará un máximo de seis puntos á conta de resultados do estudante. Nótese que, para superar a materia, é necesario obter cando menos tres dos seis puntos que están en xogo. 60
Traballos tutelados A42 A43 A44 A46 A47 A50 B6 B10 B11 B12 B15 B19 B25 C1 C2 C3 C6 C7 C8 Esta actividade, que se realizará en grupo, suporá un 30% da cualificación; con outras palabras: achegará un máximo de tres puntos á conta de resultados do estudante. Nótese que, para superar a materia, é necesario obter cando menos un dos tres puntos que están en xogo. 30
 
Observacións avaliación
  1. O plaxio castigarase coa máxima severidade: un so caso de corta-e-pega abondará para que un traballo fique cualificado cun cero, o cal implica o suspenso na asignatura.
  2. Os/as estudantes que non superen a materia en maio-xuño poderán facelo en xullo, baixo as seguintes condicións: se na proba obxectiva ficaron por debaixo de tres puntos, deberán enfrontarse novamente a ela; se no traballo obtiveron menos dun, terán que repetilo. Seralles conservada a puntuación que acadasen por participar nas sesións interactivas.
  3. Aos/ás estudiantes que non asistan regularmente ás aulas aplicaráselles o mesmo procedemiento de avaliación que aos que sí as
    frecuenten, cun par de diferenzas de escasa entidade: por unha banda, ofreceráselles a
    posibilidade de facer en solitario o traballo tutelado; por outra banda, o punto que se pode obter pola participación nas sesións interactivas cargaráselles na conta do devandito traballo, que
    suporá, por tanto, un 40% da cualificación final.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes