Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Didáctica da lingua castelán
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Didáctica da lingua castelán Código 652G01018
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Cano López, Pablo
Correo electrónico
pablo.cano@udc.es
Profesorado
Cano López, Pablo
Correo electrónico
pablo.cano@udc.es
Web http://www.educacion.udc.es/doc_profesor.php?id=203
Descrición xeral Didáctica da lingua castelá (cód. 652G01018) é unha materia obrigatoria do 2º curso do Grao en Educación Infantil. En colaboración con Didáctica da lingua galega (cód. 652G01015), pretende capacitar o/a futuro/a docente para que, cando exerza, poida cumprir os obxectivos formativos propios da área de coñecemento «Comunicación e representación da realidade» (a primeira das tres en que se articula o currículo da etapa). Non fai falla ponderar a importancia que a Didáctica da Lingua reviste para quen aspira á docencia. Abondará con advertir que é proporcional á que para o/a neno/a encerra o pleno desenvolvemento das súas habilidades lingüísticas. Nacida como instrumento para a exteriorización das necesidades do organismo, a linguaxe transfórmase en chave dun mundo intelectual que se superpón ao mundo material no que asentamos os nosos pés. Os humanos non vivimos soamente no universo físico, senón tamén, como dixo o filósofo Ernst Cassirer, nun universo simbólico. O noso medio ambiente non está constituído de xeito exclusivo por obxectos naturais, senón tamén por obxectos culturais —se así se pode dicir— que «viven» na palabra e aos que só podemos acceder por medio da palabra: os costumes, as leis, os mitos, as lendas, os saberes científicos... De non ser pola conquista da linguaxe (oral ou signada, primeiro; escrita, despois), o/a neno/a viviría nun perpetuo desterro, á marxe de todas esas dimensións (especificamente humanas) da realidade. O/a docente debe, como é obvio, acompañalo na súa loita; debe ser para el/ela un modelo e un acicate. Ora ben, non pode cumprir ese papel se carece da formación necesaria; de aí que a presenza da glotodidáctica nos estudos de Maxisterio sexa unha necesidade universalmente recoñecida.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes