Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Ensino das ciencias da natureza
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe orientados de forma presencial (no laboratorio ou na aula) con soporte de tecnoloxías da información e da comunicación, baseados na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e colaborar na do resto de membros do grupo. Inclúese neste tipo de metodoloxía: os eventos científicos e/ou divulgativos (asistencia a seminarios, xornadas,...), lecturas de libros, artigos e outros textos; saídas de campo ou actividades fóra da facultade, etc.
O profesorado plantexará a solución de problemas a partir dos contidos traballados nas sesións ou ben de casos de actualidade científica.
Ao longo do curso o profesorado poderá pedir aos alumnos as exposicións orais dos traballos realizados individualmente ou en grupo, prantexando preguntas, solicitando aclaracións, etc. ou sobre a tarefas levadas a cabo nas sesións.
Sesión maxistral Exposición oral a través de presentacións asíncronas que serán gravabas (powerpoint con narración, gravación con TEAMS, etc.) e subidas a Moodle, co material de acompañamento necesario e propoñendo cuestións para que o alumnado favoreza o proceso de ensino-aprendizaxe. Empregarase especialmente para introducir novos coñecementos científicos/didácticos.
Traballos tutelados Actividades nas que o alumnado, organizado en pequeno grupo, é autónomo e realiza tarefas relativas á función de mestre (análise e/ou deseño de propostas de contidos e/ou actividades, emprego de recursos) xustificando as súas opcións. Estas tarefas serán dirixidas e orientadas polo docente. Realizaranse dúas deste tipo de actividades ao longo do desenvolvemento da asignatura e deberán expoñerse aos demais grupos.
Proba mixta Proba escrita presencial ou virtual formada por cuestións que poden ser de diferentes tipoloxías (V/F, escolla múltipla, curtas, de emparellar, asociar ou ordear, abertas de semidesenvolvemento, etc.) sobre o contido da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes