Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Ensino das ciencias da natureza
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A32 A33 A36 A38 A40 A41 B5 B6 B10 B11 B12 B17 B18 B25 C1 Os traballos tutelados son actividades que pola súa dimensión, poden servir para “obxetivar” as habilidades adquiridas polo alumnado noutro tipo de actividades que se foron realizando. Valorarase a inclusión dos aspectos descriptivos relevantes e especialmente a capacidade analítica e interpretativa do alumnado respecto ás situacións obxecto de estudo, así como a súa capacidade de comunicar e intercambiar ideas cos seus compañeiros 30
Proba mixta A15 A33 A36 A38 A39 B10 C1 Realizarase ao rematar o cuadrimestre e ten por obxecto avaliar os coñecementos de distinto tipo (conceptuais, habilidades procedimentais) desenvolvidos nas clases expositivas e interactivas e a súa capacidade para resolver cuestións, analizar situacións concretas, argumentar fundamentada e criticamente, etc. 60
Aprendizaxe colaborativa A32 A33 A36 A38 A39 A40 A41 B1 B2 B3 B5 B6 B10 B11 B12 B13 B16 B17 B18 B25 C1 C3 C4 C8 Valorarase a participación nas tarefas realizadas nas sesións e a elaboración de material que trate a análise e interpretación das situacións obxecto de estudo. Ademais tamén se valorará a asistencia, o interese, o razoamento, a actitude positiva... 10
 
Observacións avaliación

 






NORMAS XERAIS DE AVALIACIÓN1


Primeira oportunidade
(maio/xuño)


A
cualificación final será consecuencia dos resultados obtidos nos seguintes
apartados:

Sesións
interactivas
(actividades
prácticas de laboratorio e de lapis/papel). A súa asistencia é
obrigatoria e non son recuperables.
A cualificación deste apartado está condicionada á asistencia e
participación do alumno nas sesións programadas: 100% de asistencia: 1
punto; máis do 93%: 0,75 puntos; entre 86%-92%: 0,5 puntos ; entre
80-85%: 0,25puntos; menos de 80%: 0 puntos.

Traballos
tutelados
. Realizaranse,
obrigatoriamente, dúas
actividades
academicamente
dirixidas (AAD
), en pequenos grupos (3/4 alumnos). As súas
características e datas de entrega serán comunicadas polo profesor. A
cualificación deste apartado será a media das cualificacións obtidas en
cada traballo. Para que se teñan en conta as cualificacións destas dúas
actividades, é requisito imprescindible ter asistido polo menos ao 80%
das sesións interactivas. Non se terán en conta aqueles traballos
entregados fóra do prazo.

Proba
individual global de avaliación

dos resultados de aprendizaxe sobre os contidos das expositivas e as
interactivas.  Realizarase na data establecida no calendario
oficial da facultade.


Para obter
unha cualificación de aprobado, é imprescindible ter asistido polo menos ao
80% das sesións interactivas e obter unha media de polo menos 5 sobre 10
tanto nos traballos tutelados como na proba individual global.


A
cualificación total farase en base á media ponderada de cada un dos
apartados.


No caso de que o alumno asistira polo
menos ao 80% das sesións interactivas e non acade o aprobado en maio/xuño, a
súa cualificación corresponderá á parte suspensa.


O alumnado que NON acudira ao 80% das
sesións interactivas, pode presentarse á proba individual pero a súa
cualificación será de NON PRESENTADO.


NOTA 1: A cualificación de sesións interactivas e traballos
tutelados só se garda durante un curso académico.


Segunda oportunidade (xullo)


Paro
alumnado que acudirá ao 80% das sesión interactivas:


O alumnado
que obtivo unha nota media igual ou superior a 5 sobre 10 nos traballos
tutelados,

Deberá realizar, na data establecida no
calendario oficial da facultade, unha nova proba individual global de avaliación dos resultados de aprendizaxe.


O alumnado
que obtivo unha nota media igual ou superior a 5 na proba individual,

Deberá realizar, na data establecida no
calendario oficial da facultade, unha proba específica relacionada co contido das AADs.


En ambos
casos, a cualificación final farase en base á media ponderada das
cualificacións obtidas nas sesións interactivas,
traballos tutelados e proba escrita, sendo imprescindible
acadar como mínimo un 5 sobre 10 nos traballos tutelados e na proba
individual e ter asistido como mínimo ao 80%
das sesións interactivas. A cualificación de suspenso corresponderá
á nota da proba escrita.


Para o
alumnado que NON acudirá ao 80% das sesión interactivas:


Deberá realizar, na data establecida no
calendario oficial da facultade, unha proba específica relacionada co contido das AADs (30% da
nota final)

Deberá realizar unha nova proba individual global de avaliación dos resultados de
aprendizaxe (70% da nota final)

O alumnado que
non asistiu polo menos ao 80% das sesións interactivas e obtivo
unha cualificación igual ou superior a 5 na proba individual   (maio/xuño) (70% da nota final)

Deberá realizar, na data establecida no
calendario oficial da Facultade, unha proba específica relacionada co contido das AADs (30% da nota final)


En ambos
casos, para obter unha cualificación de aprobado é imprescindible ter polo
menos un 5 en cada unha das probas (global e específica). No caso contrario
a  cualificación  corresponderá á proba que suspenderan.


NORMAS ESPECÍFICAS DE
AVALIACIÓN:


Alumnado con recoñecemento adicación a tempo parcial
segundo o establecido na "Norma
que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao" na
UDC (29/05/2012):


Deberá poñelo
en coñecemento do profesor a primeira semana de clase.


Terá dereito
preferente a elixir grupo cando haxa horarios diferentes
nas sesións interactivas.


O resto da avaliación rexerase polo que
establecen as "normas xerais de avaliación" desta guía docente.


Alumnado con recoñecemento adicación a tempo parcial e
dispensa académica
que lles exime da asistencia á clase segundo o
establecido na "Norma que regula o
réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao" na UDC
(29/05/2012):


Deberá poñelo
en coñecemento do profesor a primeira semana de clase.


A
cualificación final na primeira convocatoria (maio/xuño) será consecuencia
dos resultados obtidos nos seguintes apartados:

Sesións interactivas (actividades prácticas de laboratorio e de
lapis/papel). O alumnado debe realizar de maneira individual (sen obriga de asistir a clase) as
sesións interactivas das que consta a asinatura, tendo que cumprir
obrigatoriamente un calendario de entregas que o profesor lle dará unha
vez que o alumnado lle presente o certificado de recoñecemento de
matrícula a tempo parcial e dispensa académica. A cualificación deste
apartado está condicionada á entrega por parte do alumno das prácticas e
seminarios. Non se terán en conta os traballos entregados fóra de
prazo. (100% actividades das interactivas: 1 punto; máis do 93%:
0,75; entre 86%-92%: 0,5; entre 80-85%: 0,25; menos de 80%: 0).

Traballos
tutelados
. O alumnado terá que
realizar, obrigatoriamente e de maneira individual, dúas actividades académicamente dirixidas (AAD) e terá que
entregalas segundo o calendario establecido. A cualificación deste
apartado será a media das cualificacións obtidas en cada traballo. Para
que se teñan en conta as cualificacións destas dúas actividades, é
requisito imprescindible ter entregado polo menos o 80% das actividades
das sesións interactivas. (3 puntos).

Proba
individual global de avaliación

dos resultados de aprendizaxe sobre os contidos das expositivas e as
interactivas. Realizarase na data establecida no calendario oficial da facultade.
(6 puntos).


Para obter
unha cualificación de aprobado, é imprescindible ter entregado polo menos o
80% das actividades das sesións interactivas e obter unha media de
polo menos 5 sobre 10 tanto nos traballos tutelados como na proba individual
global.


A
cualificación total farase en base á media ponderada de cada un dos
apartados.


No caso de que
o alumno entregara polo menos o 80% das sesións interactivas e non
acade o aprobado, a súa cualificación corresponderá á parte suspensa.


O alumnado que
NON entregara o 80% das sesións interactivas, pode presentarse á
proba individual pero a súa cualificación será de NON PRESENTADO2


NOTA 1: A cualificación de sesións interactivas e
traballos tutelados só se garda durante un curso académico.


NOTA 2: A avaliación para a "segunda oportunidade
(xullo)" será exactamente a mesma que a que aparece nas "normas
xerais de avaliación" desta guía docente .


 


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes