Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Ensino das ciencias da natureza
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Ensino do corpo humano e de hábitos saudables/652G01032
Didáctica da educación ambiental e para a sustentabilidade/652G01041

Observacións

1.A entrega dos traballos documentais será telemáticamente, a través do campus virtual e, se non é posible:

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

- Evitarase o uso de plásticos

2.Cómpre revisar polo miúdo as instrucción de entrega. No caso de se establecer, non se admitirán entregas fora de prazo

3.Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

4.Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

5.Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…)

6.Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

7.Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

8.Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes