Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Didáctica da expresión corporal
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba de resposta breve Ao longo do curso iranse presentando aos alumnos diversas probas ou traballos breves para comprobar o seguimento dos contidos da materia, xa sexa na aula, a través de moodle ou doutras aplicacións online. Algunhas das probas realizaranse individualmente e outras en pequenos grupos.
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes do comezo de calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren acadar vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita artellar a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón o emprego de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos.
Presentación oral Presentación por parte do alumnado do proxecto ou traballo realizado e previamente aprobado polo profesorado e elixido entre este e o alumnado.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar as aprendizaxes.
Traballos tutelados Realizarase un traballo de carácter global e teórico - práctico con orientación á hora de psicomotricidade ou ao traballo da motricidade na titoría. Consiste no deseño e posta en práctica dunha proposta para Educación Infantil (a escoller entre 0 e 6 anos) basada nunha metodoloxía global coa presencia de contidos lúdicos e motrices cunha temática para a suposta aplicación ou exposición.
Práctica de actividade física Metodoloxía baseada na posta en práctica de sesións de actividade física para que o alumnado poida impartilas (función docente), vivencialas (análise da pertinencia dos contidos) ou observalas (procesos de avaliación e control). Trátase dunha metodoloxía fundamentalmente práctica, pero cunha intención de reflexión e aplicación dos aspectos teóricos relacionados.
Saídas de campo Actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario (empresas, institucións, organismos, monumentos, etc.) relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información, o desenvolvemento de produtos (bosquexos, deseños, etc.), etc.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros do grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, estando coordinados por un moderador ou moderadora.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes