Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Didáctica da expresión corporal
   Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Traballos tutelados
Descrición
Para a realización dos traballos tutelados, o alumnado debe acudir en grupos reducidos a revisar o traballo (tutoría) antes da súa exposición nas prácticas de actividade física. O profesorado poderá realizar suxestións ou solicitar modificacións sobre o traballo realizado, que deberán ser aprobadas antes da entrega definitiva para a súa posta en práctica.

A aprendizaxe colaborativa realizarase en pequenos grupos que traballarán a partir de distintos documentos sobre aspectos relacionados coa materia. O profesorado orientará individualmente o traballo dos grupos, dando pautas para inicialo, revisando o proceso, resolvendo dúbidas e valorando as achegas que vaian xurdindo.

Nesta materia non se admite dispensa académica de exención de asistencia salvo no caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC" - Aprobada polo Consello Social do 04/05/2017-. Para aquelas actividades que non poida realizar por non asistir a clase, deberá acudir ás revisións das mesmas co profesorado para poder desenvolvelas.



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes