Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Didáctica da expresión corporal
   Atención personalizada
Metodoloxías
Proba de resposta breve
Traballos tutelados
Descrición
Para a realización dos traballos tutelados, o alumnado debe realizar as titorías que sexan necesarias en grupos reducidos para revisar o traballo. O profesorado poderá realizar suxestións ou solicitar modificacións sobre o mesmo, que deberán ser aprobadas antes da entrega definitiva.

Para algunhas das probas de resposta breve, contarase co asesoramento e seguimento do profesorado.

A atención personalizada realizarase a través das seguintes canles, tendo o alumnado a posibilidade de seleccionar cales deles quere empregar, en función das súas necesidades e posibilidades de comunicación: titorías en directo a través da área de traballo “Teams” da UDC, mediante videoconferencia, conexión de audio ou chat; a través do correo electrónico institucional; a través dos chats e foros dispoñibles en Moodle.

Nesta materia non se admite dispensa académica de exención de asistencia salvo no caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC" - Aprobada polo Consello Social do 04/05/2017-. Para aquelas actividades que non poida realizar por non asistir a clase, deberá acudir ás revisións das mesmas co profesorado para poder desenvolvelas.



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes