Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Didáctica da expresión corporal
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta breve A1 A4 A5 A15 A53 A55 B2 B3 B9 B10 B15 B19 C1 Ao longo do curso irase expondo ao alumnado diversas probas e/ou traballos curtos para comprobar o seguimento dos contidos da materia. As probas poderanse facer individualmente ou en pequenos grupos. O resultado deste apartado da avaliación é a media das cualificacións obtidas nas probas realizadas durante o curso. 50
Traballos tutelados A1 A4 A5 A53 A54 A55 A56 B1 B3 B4 B5 B9 B10 B11 B12 B15 B22 C3 C5 C6 C8 Realizarase un traballo de aplicación dos contidos desenvolvidos na clase. O traballo poderase realizar individualmente ou en grupo. O profesorado da materia especificará os requisitos formais de presentación dos traballos, tanto na súa parte escrita como na oral. O cumprimento dos devanditos requisitos é imprescindible para que os traballos sexan aceptados. 50
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade: para acceder á avaliación descrita anteriormente, a asistencia ao 80% das sesións será obrigatoria. Non só será suficiente a asistencia, senón que tamén se computará a participación activa do alumnado. É necesario superar unha puntuación mínima nos distintos apartados da avaliación para que medien entre eles.

Segunda oportunidade: o estudiantado que asistiu a o 80% ou máis das sesións na primeira oportunidade manterá as cualificacións que acadaron a puntuación mínima indicada polas docentes. Deberán repetir as partes da avaliación que non alcanzaron ese mínimo.

Os estudantes que non asisten ao 80% das horas de clase na primeira oportunidade, teñen á súa disposición un modelo alternativo de avaliación, que será o mesmo para ambas oportunidades: haberá unha proba (100%), na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña e na que se debe demostrar o dominio dos contidos teórico-prácticos da materia. Será necesario aprobar as duas partes, a teoría e a práctica, para superar a materia.

Nesta materia, non se admite a exención académica da exención de asistencia, salvo nos casos previstos no apartado "Atención personalizada".

As metodoloxías de “Práctica de actividade física” , "Actividades iniciais" e “Saídas de campo” están suxeitas á posibilidade de garantir as medidas de seguridade dos participantes. Aínda no caso de non aplicarse o plan de continxencia, se non se dan as condicións de seguridade adecuadas, estas metodoloxías poderán substituírse por sesións de aula ou mesmo virtuais (o desenvolvemento das competencias ligadas a estas metodoloxías incorporaríanse ás metodoloxías “Sesión maxistral”, “Presentación oral”, “Traballos tutelados”, “Probas de resposta breve”, "Análisis de fontes documentais" e "Discusión dirixida").

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes