Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Didáctica da expresión corporal
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta breve A1 A4 A5 A15 A53 A55 B2 B3 B9 B10 B15 B19 C1 Ao longo do curso irase expondo ao alumnado diversas probas e/ou traballos curtos para comprobar o seguimento dos contidos da materia. As probas poderanse facer individualmente ou en pequenos grupos. O resultado deste apartado da avaliación é a media das cualificacións obtidas nas probas realizadas durante o curso. 50
Traballos tutelados A1 A4 A5 A53 A54 A55 A56 B1 B3 B4 B5 B9 B10 B11 B12 B15 B22 C3 C5 C6 C8 Realizarase un traballo de aplicación dos contidos desenvolvidos na clase. O traballo poderase realizar individualmente ou en grupo. O profesorado da materia especificará os requisitos formais de presentación dos traballos, tanto na súa parte escrita como na oral. O cumprimento dos devanditos requisitos é imprescindible para que os traballos sexan aceptados. 50
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade: para acceder á avaliación descrita anteriormente, a asistencia ao 80% das sesións será obrigatoria. Non só será suficiente a asistencia, senón que tamén se computará a participación activa do alumnado. É necesario superar unha puntuación mínima nos distintos apartados da avaliación para que medien entre eles.

Segunda oportunidade: o estudiantado que asistiu a o 80% ou máis das sesións na primeira oportunidade manterá as cualificacións que acadaron a puntuación mínima indicada polas docentes. Deberán repetir as partes da avaliación que non alcanzaron ese mínimo.

O estudantado que non asiste ao 80% das clases na primeira oportunidade, ten á súa disposición un modelo alternativo de avaliación, que será o mesmo para ambas as oportunidades: proba mixta (100%), realizada na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña e na que se debe demostrar o dominio dos contidos teórico-prácticos da materia. Para facer media entre os contidos teóricos e prácticos haberá que aprobar cada parte.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o estudantado será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

En ambas oportunidades a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.

Nesta materia non se admite dispensa académica de exención de asistencia.

Os traballos desta materia se entregan todos de forma electrónica, procurando o uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Tamén se pretenderá o mesmo obxectivo coas saídas de campo, tratando en todo momento de ser responsables co medio ambiente.

Na asignatura facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

Asemade deberase incorporar a perspectiva de xénero nos traballos e exposicións nesta materia.

Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

É primordial e necesaria a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos realizados como condición imprescindible para superar a materia.

NOTA: as metodoloxías de “Práctica de actividade física” , “Saídas de campo” e "Simulación" están suxeitas á posibilidade de garantir as medidas de seguridade dos participantes. Se non se dan as condicións de seguridade adecuadas, estas metodoloxías poderán substituírse por sesións de aula ou mesmo virtuais (o desenvolvemento das competencias ligadas a estas metodoloxías incorporaríanse ás metodoloxías “Aprendizaxe colaborativa”, “Sesión maxistral”, "Presentación Oral", “Traballos tutelados” e  “Probas de resposta breve”).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes