Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Didáctica da expresión corporal
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Didáctica da expresión corporal Código 652G01020
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Varela Garrote, Lara
Correo electrónico
lara.varela@udc.es
Profesorado
Gonçalves López, María Paz
Varela Garrote, Lara
Correo electrónico
paz.goncalves@udc.es
lara.varela@udc.es
Web http://www.educacion.udc.es/?pagina=table&id_titulacion=10&grupo=A
Descrición xeral A materia “Didáctica da Expresión Corporal” forma parte dos estudos de Grao en Educación Infantil. Trátase dunha materia obrigatoria de 6 créditos, o que representa 150 horas de traballo do estudantado. A presenza da motricidade no currículo oficial entre os 0 a 6 anos é relevante. Pero o seu interese pódese comprobar mellor observando como a infancia emprega o corpo e se desenvolve a través do xogo e o movemento de forma espontánea para coñecer o mundo que lle rodea e adaptarse a el. O xogo e a motricidade van ser os principais canles a través dos cales a infancia en idade infantil pode adaptarse ao mundo que lle rodea. Con eles vai experimentar, coñecer e coñecerse, observar e observarse, aprender, entusiasmarse...autoeducarse. Por iso é polo que estes contidos -xogo e movemento-, van ser os eixos principais da materia e xunto coas rutinas de sono e alimentación o eixo da súa propia vida. Aínda que a infancia vai experimentar a motricidade de forma global, o estudiantado da materia analizará a través de diversas temáticas e tendo como referencia o currículo desta etapa, os compoñentes principais da motricidade nestas idades: as capacidades perceptivo-motoras, as habilidades motrices, as capacidades expresivas e o xogo como contido articulador de todos os demais. A parte de coñecer estos aspectos teóricos e o seu desenvolvemento, o alumnado vainos aplicar en propostas de carácter práctico. Outro aspecto de interese que se verá na materia é a importancia do asentamento de hábitos saudables nestas idades. Nos últimos tempos o índice de obesidade infantil viuse incrementado de forma considerable e faise necesaria unha formación de base para que nas Escolas Infantís se colabore para frear o seu acelerado crecemento. Os coñecementos achegados pola materia de Didáctica da Expresión Corporal pretenden estudar, explorar, descubrir e vivenciar todas aquelas manifestacións motrices dentro dunha formulación global, para dotar á futura Graduada ou Graduado en Educación Infantil non só de coñecementos e vivencias, senón tamén de estratexias e formas de ensinar teórico-prácticas.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes